El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Peches na USC contra a Lomce

As protestas arrincaron tamén no campus de Ourense cun peche similar, no edificio de Ferro

IOLANDA CASAL. SANTIAGO  | 21.10.2013 
A- A+

Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) iniciaron na tarde-noite do luns peches en facultades en protesta contra a Lomce. En Matemáticas, no Campus Vida, arredor dunha vintena de alumnos permanecían pasadas as dez da noite no interior do centro. Outro grupo de estudantes iniciou tamén na tarde do luns un peche indefinido na Facultade de Filoloxía, no Campus Norte, quentando así motores de cara á xornada de folga xeral convocada no ensino para o xoves, 24 de outubro, en toda España en contra da Lei orgánica de mellora da calidade educativa, promovida polo ministro José Ignacio Wert.

O programa das xornadas reivindicativas en Filoloxía inclúen un serán musical na noite do luns, unha xornada poético-musical con Leo i Arremacaghona durante o martes e unha mesa de debate sobre os recortes en educación e o galego no ensino para o mércores.

As  protestas contra a Lomce arrincaron tamén no campus de Ourense cun peche similar, no edificio de Ferro.