Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

ao frente do pazo do hórreo

Pilar Rojo: "Trato de ser unha persoa de consenso, pero hai que cumprir o regulamento"

31.03.2009  "Presidir o Parlamento é un dos maiores honores" // A deputada popular convértese na segunda muller que lidera o hemiciclo

2.7/5 [19 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

R.C.

Pilar Rojo Noguera FOTO: X.L. Blanco
Pilar Rojo Noguera
FOTO: X.L. Blanco

A popular Pilar Rojo será, a partir de mañá mércores, e por de sexo persoal do futuro xefe do Executivo autonómico,Alberto Núñez Feijóo, a persoa que ocupará a presidencia do Parlamento galego na VIII lexislatura que comeza. Convértese así na segunda muller que está á fronte deste posto na historia de Galicia, despois da súa predecesora inmediata, a socialista Dolores Villarino.

- Felicidades!

-Moitas grazas.

-¿Que significa para vostede persoalmente ir ocupar este posto?

-Significa un gran honor, sobre todo por ser proposta polos meus compañeiros de grupo parlamentario e polo meu presidente, porque supón que hai unha certa confianza en min de que podo ser unha persoa axeitada para estar ahí. Paréceme que para calquera galego ou galega ser o presidente do Parlamento de Galicia é un dos maiores honores que un pode ter. Para min é unha gran responsabilidade e estou moi preocupada porque o único ó que aspiro é a estar á altura do que se espera de min e ser unha presidenta do Parlamento o máis digna posible.

- ¿Pilar Rojo será unha presidentadura ou flexible?

-Pretendo ser eu, coas miñas virtudes e cos meus defectos, que teño moitos. Na miña vida trato sempre de ser unha persoa de consenso e dialogante,pero iso tamén implica que hai certas normas e hai un regulamento que hai que cumprir. A miña obriga é facer que os debates da Cámara se leven a cabo con normalidade. Aspiro a deixar que os debates sigan o seu curso, pero non podo esquecer que hai un regulamento que cumprir.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS