El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

FERNANDO CABEZA QUILES Escritor e ensinante

“Os prexuízos cara aos galegos foron a menos, pero quedan rescaldos”

{ Ponferrada, 1953 } Se existe un lector interesado en percorrer a “historia e a xeografía física e mental” de Galicia, o escritor Cabeza Quiles fai unha análise precisa na obra ‘Galicia , o galego e os galegos’ (Toxosoutos), na que aborda as nosas peculiaridades, reflicte as diferenzas que existen co resto de españois e, sobre todo, fai unha defensa do respecto e visibilidade que merece esta terra e que nunca debeu perder.

MARÍA ALMODÓVAR SANTIAGO   | 12.03.2017 
A- A+

Vostede escribe este libro, Galicia, o galego e os galegos, editado por Toxosoutos, co firme propósito de que a nosa terra "sexa revisada, visible e respectada". De verdade que a día de hoxe existen prexuízos?

Así é, aínda existen formas de antipatía e de rexeitamento cara a Galicia, o galego os galegos. Esta actitude é produto dunha estratexia de dominación consistente en desprestixiar e ridiculizar unha cultura, neste caso a galega, que se quixo someter. Ocorreu na época dos Austrias, concretamente no chamado Siglo de Oro literario, cando a Coroa de Castela fixo propaganda escrita para lograr este fin. Como sucedeu hai moito tempo, e os galegos somos moi boa xente, os prexuízos cara aos galegos diminuíron moito, pero aínda quedan rescaldos.

Pensa entón que por Galicia non mira o poder central?

Si. Polo menos non mira o suficiente. Hai exemplos ilustrativos e variados: aínda non temos AVE, cando, pola nosa posición xeográfica excéntrica, deberiamos ter sido os primeiros en telo. Sufrimos unha cota de leite, o noso produto estrela, imposta polas potencias leiteiras europeas de maneira asimétrica, que se reservaron para si unha cota de produción moito máis grande e vantaxosa.

Agora, contradicindo os seus plans iniciais, Europa, co ­beneplácito do Goberno español, suprime as cotas lácteas sen mecanismos de transición.

O outrora poderoso sector da construción naval galego tamén tivo que sufrir a súa particular cota restritiva, que en forma de veto non lle permitiu a Navantia construír buques civís.

En Galicia trabállase dezaseis horas máis ao ano que no resto do Estado por un soldo inferior en máis de 250 euros á media do país. Por se non abondase, o ­Estado paga aquí as pensións máis baixas.

Somos diferentes aos demais españois, Fernando?

Sen dúbida, mentres que España, en maior ou menor grao, é un país apaixonado e fatalista, que poderiamos chamar de sangre y arena, Galicia é todo o contrario. Os galegos somos cachazudos, moito máis tranquilos e tolerantes, conciliadores e ata me atrevería a dicir que temos flegma. Penso que o grandísimo poeta Miguel Hernández nos describiu moi ben cando escribiu gallegos de lluvia y calma.

Haberá algún galego que sinta vergoña de selo?

Aínda que é unha auténtica ­desgraza, teño que dicir que algúns si. Os sociólogos falaron do autoodio cultural e lingüístico que sufriron moitos pobos e aquí ­aínda existe.

A proba está en que hai galegos que desprezan a súa propia lingua, considerándoa de ­segunda clase, dicindo que "el gallego no sirve para nada", como se o amor e o respecto cara á lingua propia se puidese contabilizar só no material. Aínda que non quero desculpar esa clase de galegos, si quero dicir que o seu anómalo e chocante comportamento seguramente sexa unha consecuencia da devandita estratexia de dominación, que buscou borrar a nosa memoria, desprestixiando a nosa cultura e a nosa lingua.

Grazas a campañas publicitarias moi coñecidas por todos nós, reivindícase o orgullo galego. Melloramos algo, non si?

Particularmente non me entusiasman eses anuncios, pero, se serven para que o grupo ­empresarial galego Gadis venda máis e cree postos de traballo, benvidos sexan. Ademais están moi ben, porque entra dentro do normal, que os galegos vivamos como galegos.

Teño que recordarlle que se falamos de autoestima, o editor Francisco Rodríguez é dos que din que os galegos carecemos da suficiente e que non sabemos vendernos. Está de acordo?

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt