El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Rafael Pillado: memoria viva dun Ferrol en eterna loita

Aos dous anos vivía ás portas do San Felipe onde estaba preso o seu pai // El tamén estivo catro anos nos cárceres do franquismo // "Na rúa crúzome con persoas duras da ditadura, pero prefiro non ter rencor"

Rafael Pillado, na celda onde estivo catro anos - FOTO: Arquivo de Rafael Pillado para a Fundación Fuco Buxán
Rafael Pillado, na celda onde estivo catro anos - FOTO: Arquivo de Rafael Pillado para a Fundación Fuco Buxán

PATRICIA HERMIDA  | 08.12.2017 
A- A+

Só tiña dous anos Rafael Pillado cando chegou en autobús a aquel sombrío Ferrol de posguerra. Viña desde San Cibrao xunto coa súa nai María, cargados só c­unha maleta de madeira. E el choraría todo o camiño ata o castelo de San Felipe. No máis alto da fortaleza permanecía preso o seu pai Manuel, comunista e enlace da guerrilla. E ás súas portas vivirían Rafael e a súa nai, nunha pequena adega. María era coñecida como A morta de fame, porque sobrevivía mariscando ameixas ou vendendo frores do monte. Pero para Rafael xa era entón a súa heroína: "Nunca se rendeu, foi sempre exemplo de sacrificio e intelixencia, só vivía para alimentarme". E cando o pai saíu do cárcere "converteuse no meu outro gran referente, un militante comunista ata a morte... cando miro atrás choro polo sacrificio terrible que padeceron polos seus tres fillos".

Quen é Rafael Pillado? Histórico líder sindical de Ferrol, represaliado xa nos 60, encarcerado catro anos a raíz do 72, cofundador de CCOO en Galicia, dirixente no PCE. Acaba de recibir unha multitudinaria homenaxe no Jofre, "que me permite seguir loitando aos 75 anos". Pero as súas palabras camiñan sempre a San Felipe: "A miña nai deixou de comer para que eu comera, cando saíu o meu pai, el empezou a pescar e ela vendía na praza e, despois, montaría un posto de flores (La Florista del Castillo)". Quedan duros recordos, como cando foi maltratado aos tres anos polo criado dunha veciña. E tamén valores dos pais: "Traballo, amizade, coherencia, recollidos por min e os meus irmáns, Raúl e Luis".

Arquivo de Pillado para Fuco Buxán
O irmán Raúl, o pai Manuel, a nai María e o pequeño Rafael
FOTO: Arquivo de Pillado para Fuco Buxán

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt