El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Salustiano Mato: “Quero mérito e capacidade, os críticos café para todos”

Rector electo da Universidade de Vigo e catedrático de Zooloxía

XAIME LEIRO PONTEVEDRA  | 22.05.2010 
A- A+

Facebook
Salustiano Mato, rector electo da Universidade de Vigo
FOTO: Facebook

Salustiano Mato de la Iglesia (Santiago, 1960), catedrático de Zooloxía, toma as rendas da Universidade de Vigo tralos comicios do pasado xoves nos que derrotou o seu opoñente Jaime Cabezas por un pequeno pero claro marxen de papeletas. Optimista, apunta que o momento de crise e "o mellor para afrontar os desafíos", entre eles, o da financiación, asunto no que confía convencer á Xunta para que a vexa "como un investimento e non como un gasto".

 

Esperaba que os doctores, investigadores e alumnos se decantasen por vostede?

Si. Pero, pensei que a diferencia iba a ser incluso máis axustada. Ó final, ganamos por certa folgura, porque tres puntos con voto ponderado é bastante folgura.

Cal foi o motivo de que non pu- xese a guinda co triunfo tamén entre o personal de administración?

Non o sei. Tereino que analizar con calma. A min a campaña probablemente se me fixo moi curta e non tiven a oportunidade de falar cos PAS coa intensidade que debería ter falado. A diferencia de Cabeza, que o nomearon antes, eu fun elexido candidato a finais de xaneiro.

Agora toca traballar. A época de crise non parece o mellor momento para a Universidade?

Para min son os mellores tempos para aceptar este desafío. Precisamente, o que resulta máis apaixoante e máis emocionante e xestionar unha universidade en momentos difíciles para convertir as dificultades en oportunidades.

Din algúns críticos seus que ten vostede unha visión moi americana no sentido de potenciar aos grupos grandes en detrimento dos pequenos?

Os críticos son os que queren café para todos e eu quero o principio de mérito e capacidade. Desde o meu punto de vista non hai grupos grandes nin pequenos, hai boa investigación ou non.

Como encara o proceso de negociación da financiación?

Con ganas. Invitarei a Xunta a que nos vexa como un investimento, non como un gasto. Polo tanto, non se trata de pedirlle máis cartos a fondo perdido. Se trata de pedirlle que poña máis fondos enriba da mesa a cambio de obxectivos que nos gañemos.

Que espera de Campus Mar como elemento estatéxico da Universidade de Vigo?

Un recoñecemento e prestixio internacional, cunha visibilidade singular da Universidade de Vigo. Polo tanto, unha imaxen de marca que permita a través da Universidade de Vigo poñer a Galicia no mapa europeo e do mundo. Así, como Campus Vida debe servir para poñer ao sistema universitario galego no mapa europeo e no mundo. Esta é a lóxica coa que debemos traballar, a da cooperación e non a da competencia interna na que non imos ganar nada. Ó millor esto é moi americano, pero é realmente como pensamos nós.

xleiro@elcorreogallego.es