El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Santiago e Lovaina colaboran no estudo da neurociencia

REDACCIÓN. SANTIAGO   | 03.01.2018 
A- A+

A Universidade de Santiago (USC) e a de Lovaina, en Bélxica, estudan en colaboración no eido da neurociencia. De feito, o responsable do departamento de Neurociencias da Universidade KU Lovaina, Peter Janssen, visitou estes días o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) onde se citou co catedrático de Fisioloxía Francisco González García. A visita permitiu traballar na definición dos proxectos conxuntos de investigación nas neurociencias con especial atención á visión humana, informa a USC.

Jansenn estivo acompañado por Mª del Carmen Romero Pita, titulada pola USC que traballa con el no laboratorio da universidade belga. Peter Janssen posúe un ampla traxectoria no ámbito da neurociencia que lle ten valido o premio do Consello de Investigación da súa universidade no ámbito das ciencias biomédicas ou o apoio do Human Frontier Science Program, programa internacional que financia investigación novidosa no eido das ciencias da vida.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt