El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Un caso de Ferrol representa a Galicia no Congreso Nacional de Hipertensión

C.E.   | 07.10.2017 
A- A+

Santiago. A residente de Radioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol Sara Amado presentou no 24 Congreso da Sociedade Galega de Hipertensión un caso clínico que foi escollido e premiado, polo que representará a Galicia no Congreso que sobre esta patoloxía -que afecta ao 35 % dos adultos-, que se celebrará, no próximo mes de marzo, en Madrid.

O caso Hipertenso crónico con metaachados corresponde a un varón de 69 anos que estaba a ser seguido pola súa hipertensión dende hai 20 anos, informa o Sergas nunha nota. A peculiaridade do caso é que estaba a ser tratado dunha hipertensión crónica xeral ou esencial sen causa concreta. Ao facerlle probas de seguimento dunha patoloxía benigna de próstata, aos profesionais chámalle a atención unha serie de achados que derivan en concretar a coexistencia moi pouco habitual de dúas patoloxías, que so se ten documentado en oito casos illados publicados en todo o mundo. Tanto Amado como o responsable da unidade de Hipertensión de Ferrol destacan "a peculiaridade de achar unha combinación de patoloxías moi infrecuente e establecer a súa relación coa hipertensión".