Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.09.2014  | Actualizado 20.43 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

A USC celebra o Día Mundial do Turismo cunha xornada en Ciencias Económicas

26.09.2011 
A- A+

Comparte esta noticia en Chuza! Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Conscientes da transcendencia económica e social do turismo en Galicia, o Centro de Estudos e Investigación Turísticas (Cetur) e o Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da Universidade de Santiago celebrarán este martes 27 o Día Mundial do Turismo cunha xornada de debate na que se analizará o futuro do sector turístico en clave mundial e local.
 
O evento inaugurarase ás 9.45 horas nun acto presidido polo reitor Juan Casares Long e no que participan tamén a decana da Facultade anfitrioa, Emilia Vázquez; a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo; o director do Cetur, Xosé Santos Solla; a coordinadora do Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da USC, Concepción Varela Neira; a concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis; e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela, José Antonio Liñares.
 
Logo da apertura intervirá o director dos Membros Afiliados da Organización Mundial do Turismo, Javier Blanco Herranz, que pronunciará a conferencia ‘Tempos de incerteza e esperanza: Unha mirada optimista sobre o futuro do sector turístico mundial’. Seguiralle o responsable do Instituto de Estudos Turísticos de España, Vicente Monfort Mir, cunha charla sobre a política turísticas ante os retos que se aveciñan.

 Por último, intervirán o director xeral de Recursos Humanos do Grupo ORIZONIA, Álvaro Vázquez, e o director de Comunicación da Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela, Aser Álvarez, que presentará as conclusións do Foro do Turismo ‘Novos cambios do sector turístico en Galicia’ que este luns se desenvolve no Centro de Estudos Avanzados para facer balance dos últimos meses no sector turístico en Galicia e debater sobre o seu futuro e no que participarán os máximos representantes do sector turístico galego.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS