El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

UUAA pide o cese do trato fiscal inxusto para o campo

ECG   | 07.12.2017 
A- A+

Santiago. Unións Agrarias vén de trasladarlle ao presidente da Xunta de Galicia, a necesidade de activar medidas de xustiza fiscal que poñan fin ao "maltrato" que os produtores galegos veñen recibindo por parte do Ministerio de Hacienda. No escrito, a organización agraria lémbralle a Alberto Núñez Feijoo que "nesta lexislatura, lonxe de favorecerse o desenvolvemento e o equilibrio do medio rural, tal como prometera na súa investidura, está resultando a mais destrutiva en termos de rendas e cargas fiscais para os produtores".

Á falta dunha "resposta eficiente" da Consellería de Medio Rural diante das calamidades climáticas (xeadas, pedrazo e seca) que veñen sufrindo as explotacións agrogandeiras galegas, suman "a voracidade recadatoria que levou incluso a ser multados persoas polo feito de botarlle unha man na colleita a parentes ou veciños, tal como se ven facendo desde sempre en Galicia, cando esas axudas sábense sempre puntuais e polas que non se percibe renda algunha".

Teima por baleirar as rendas dos produtores que ven no "catastrazo" co que se está facendo pagar aos agricultores e gandeiros polas construcións que son o seu medio de vida, ou na redución de máis dun 20 % da bonificación do gasóleo profesional, e tamén a limitación do complemento de renda que ter os pensionistas que venden castañas ou uvas, ou a campaña "indiscriminada" pola transmisión de dereitos da PAC contra as granxas.