Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Galicia| galicia@elcorreogallego.es  |  RSS - Galicia RSS

Firma invitada

A xeoloxía no Bacharelato

23.09.2008 

1.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Mª MERCEDES RODRÍGUEZ RUIBAL CATEDRÁTICA DE INSTITUTO

No Ano Internacional do Planeta Terra (2008), as autoridades educativas galegas eliminaron a Xeoloxía da lista de materias optativas de 2º de Bacharelato. Ata agora, o alumnado da modalidade de Ciencias podía escollela, pero os responsables de educación decidiron manter todas as materias que estaban, engadir algunhas novas (benvidas sexan) e eliminar sen máis a Xeoloxía. Dende estas páxinas pido unha rectificación e que se inclúa a Xeoloxía como unha optativa máis de 2º de Bacharelato, feito que non crea ningún prexuízo a ninguén mentres que a formación científica e o futuro deste país sairán gañando. Intentarei demostralo:

Galicia posúe un rico -e pouco coñecido- patrimonio xeolóxico de gran beleza e interese científico, froito da complexa historia xeolóxica de Galicia ao longo de millóns de anos, e cun importante valor como recurso natural, paisaxístico e económico.

Así o pregamento do Courel, as singulares e antigas rochas de cabo Ortegal, os cantís de Vixía Herbeira ou os granitos do Monte Pindo son obxecto de estudo por científicos do mundo enteiro. Na mesma liña, a variedade de rochas e minerais, a miúdo de interese económico e industrial, a materia prima da industria cerámica, a explotación das augas subterráneas, o aproveitamento recreativo-medicinal das augas termais ou o uso da enerxía xeotérmica e outras fontes renovables, con cada vez maior proxección futura, merecen ser coñecidos e gozados por todos, como merecen ser obxecto de investigación polos futuros científicos e científicas adicados ás ciencias xeolóxicas.

Por se isto non bastara, subliñamos que Galicia precisa dunha planificación e ordenación do territorio baseadas na sostibilidade, dunha explotación dos recursos naturais rendible á vez que conservacionista, na percura dun desenvolvemento económico non rifado co coidado do medio. Neste contexto, a realización de rigorosos estudos de impacto ambiental e a busca de solución a moitos dos problemas ambientais do país, precisan de profesionais da xeoloxía en colaboración cos doutras disciplinas. No mundo actual a maioría dos proxectos deben ser abarcados por equipos multidisciplinares, e no relativo ao medio natural a base de partida é a xeoloxía.

Galicia posúe tamén un rico patrimonio paleontolóxico aínda non suficientemente investigado. En Galicia atopamos numerosos indicios xeolóxicos útiles para comprender o clima do pasado e dese xeito poder afrontar o reto do cambio climático.

Galicia presenta un moderado perigo de padecer riscos xeolóxicos (sísmicos e outros), polo que profundizar no estudo do noso subsolo é imprescindible á hora de previr e adoptar medidas correctoras.

Galicia ten a honra de contar con insignes xeólogos de renome mundial como D. Isidro Parga Pondal e Galicia pode presumir da magnífica e singular colección de xeoloxía do Museo de Historia Natural Luis Iglesias da Universidade de Santiago.

A outra cara da moeda está na formación académica dos estudantes galegos: Galicia posúe tres universidades pero ningunha ten Facultade de Xeoloxía nin de Ciencias Ambientais e os responsables educativos van imposibilitar que os alumnos de Bacharelato acaden a formación xeolóxica que o o noso país merece e necesita.

*Catedrática de Bioloxía e Xeoloxía no IES nº1 de Ribeira e Coordinadora Galega de AEPECT

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS