Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia » 1-M Elecciones| galicia@elcorreogallego.es

retranca

"É lóxico, son femias"

19.02.2009  Esa foi a resposta dun granxeiro de Rois á pregunta de Feijóo de por que as vacas teñen nome de muller

3.3/5 [27 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE ROIS

Feijóo visitó hoy una granja en Rois FOTO: Efe
Feijóo visitó hoy una granja en Rois
FOTO: Efe

O candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse hoxe a resolver os expedientes paralizados de construción no rural nun máximo de seis meses e sinalou que delegará nos concellos a concesión de licenzas para ampliar cortes.

Núñez Feijóo comezou a sétima xornada de campaña electoral nunha explotación gandeira de Rois (A Coruña), onde ademais de se comprometer a "desbloquear" as licenzas de vivendas nos núcleos rurais e nas zonas de expansión deses núcleos, propuxo a aprobación dun Plan Lácteo 2009-2013 "negociado con Bruxelas".

O candidato do PPdeG atendeu ás explicacións dos propietarios da explotación de Manuel Camaño e o seu fillo Rafael, cunhas cen vacas e integrada na cooperativa Feiraco, e interesouse polas dificultades no sector, agravadas nos últimos anos.

Segundo explicou Núñez Feijóo, a suba "inxusta" lineal dun un por cento na cota láctea "felicitada" pola "ministra galega do PSOE", en referencia a Elena Espinosa, foi "prexudicial" para as explotacións galegas, que suman o 56 por cento do conxunto de España e que producen sobre o 40 por cento do leite no Estado.

Ás dificultades que xa tiña o sector, apuntou o candidato do PPdeG, uniuse a entrada de "máis leite excedentario" procedente de Alemaña e Francia que, en vez de tiralo, véndeno a uns prezos "moito máis baixos" noutros países, como España.

Ademais do plan lácteo, Núñez Feijóo mostrouse convencido de que os gandeiros que ampliaron cota láctea no seu día e que aínda non a pagaron, recibirán subvencións para facelo, xa que "agora non lles serve de nada", debido á liberalización do mercado a partir de 2015.

Como medida adicional, o presidente do PPdeG comprometeuse a impulsar que a cota sobrante do resto de comunidades autónomas reverta en Galicia.

Núñez Feijóo avogou por aumentar o número de explotacións e por diversificar a súa produción, tanto láctea como cárnica, e sinalou a súa intención de crear unha "marca recoñecida de leite de primeira" para identificar o leite galego.

O candidato do PPdeG asegurou que a súa administración "facilitará" a normativa no medio rural, especialmente a urbanística para "fixar poboación".

Por este motivo comprometeuse a "delegar" nos concellos a concesión de licenzas para ampliar naves e cortes, xa que nun caso como o da explotación que hoxe visitou, "non hai ningún impedimento para que poida seguir medrando".

"O problema é que por desidia hai expedientes estancados na Xunta que non se resolven. Comprométome a resolver nun máximo de seis meses os expedientes que hai na Xunta que soliciten construír no rural", afirmou.

En calquera caso, Núñez Feijóo sinalou que "resolver non significa aprobar", senón determinar se unha construción se pode realizar ou non. "O que non pode ser é a desidia, o silencio e a ausencia de información".

O candidato do PPdeG indicou que o seu Goberno traballará para "deter a debacle urbanística no rural e que non se reproduza".

Durante a súa visita, Núñez Feijóo preguntou en ton xocoso por que todas as vacas teñen nome de muller, ao que o seu interlocutor respondeu tras un breve silencio: "É lóxico, son femias".

Pola tarde, o candidato estará en Ames (A Coruña) e pronunciará o mitin principal no Barco de Valdeorras (Ourense). Antes estará na Rúa.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS