El Correo Gallego

Noticia 43 de 52 noticia anterior de Eleccions USC Galicia » Eleccions USC

Encuentro digital en El Correo Gallego

Jaime Gómez: "Estou en contra dos reinos de taifas que empobrecen o tecido investigador"

"A Universidade non é unha empresa nin a súa misión é crear empresas", di o candidato ó reitorado da USC na súa conversa cos internautas // "A crítica dos estudantes é imprescindible", engade o decano de Bioloxía

13.04.2010 
A- A+

Ramon Escuredo

FOTO: Ramon Escuredo

1. Usted piensa que realmente podrá cambiar la inercia que ha ido tomado la Universidad de Santiago de Compostela en los últimos años, situación que es criticada también por otros candidatos a Rector. Y si es así, ¿podría concretar dos o tres medidas que adoptaría de forma rápida? y ¿cómo piensa resolver los problemas que hay actualmente en el campus de Lugo?

Penso que coa complicidade da comunidade universitaria poderán mudarse moitas das políticas que se veñen aplicando na USC. Non será fácil porque, como vostede di, hai que superar a inercia de moitos anos. Pero con coraxe, independencia e sentido da responsabilidade poderá facerse. Por iso mesmo me presento. Unha primeira medida ten que ser cambiar o estilo de goberno e facelo moito máis cercano á xente; o reitor está para servir á comunidade e non ao revés. Unha segunda ten que ver con coñecer a situación real da universidade, no só a nivel económico, e dala a coñecer a toda a comunidade universitaria. E unha terceira, empezar a traballar para aplicar as propostas electorais. Referente a Lugo, o primeiro que teño que dicir é que é tan USC como Santiago; temos que acabar coa dicotomía. A segunda, é empezar a solucionar todos os problemas que ten ese Campus como son arbritar as medidas para que todos os procedementos administrativos podan encetar e rematar en Lugo, facilitar a comunicación entre os dous Campus coa posta en funcionamento dun convenio cunha empresa de transporte, fomentar o uso das videoconferencias, consolidar os grupos de investigación en Lugo, potenciar todas as titulacións tentando que veñan a Lugo non so estudantes galegos senón de todo o mundo, solucionar o tema "histórico" da escola infantil, consolidar o Campus como referente galego, español e por que non internacional no eido da veterinaria, agricultura-forestal, alimentario, etc.

2. ¿Qué opinión tiene usted acerca de las empresas participadas por la Universidad?, refiriéndome a la Unitenda y similares. ¿Tiene previsto consolidarlas?
¿Qué se piensa hacer con las empresas-universidad o fundaciones creadas y que se rigen al margen y se sustentan con dinero público (de la Universidad) pero que están regentadas por inútiles gerentes puestos a dedo por el vicerrector de turno (afinidad política). ¿Va a mirar para otro lado como este rector y vicerrectora actual?
¿Qué opina usted sobre las empresas creadas por la universidad? Léase Unitenda, Unirisco, Unidixital etc... ¿tienen cabida en su programa de gobierno o por el contrario y como algún rectorable ya ha manifestado son un lastre y habría que cerraralas?


A universidade non é unha empresa nin tampouco a súa misión social é crear empresas. Si debe colaborar co tecido empresarial pero nunha relación de simbiose non de parasitismo. No meu programa figura revisar a situación das empresas participadas pola universidade e as UNIs.

Neste tema non vou mirar para outro lado pois son moi crítico co mesmo. Ademais, do que dixen, tampouco debemos competir co tecido empresarial e si tomar medidas para axudar ao país e a que os nosos titulados podan atopar un traballo digno que se corresponda coa súa preparación.

As UNIS hai revisalas e as que non lle interesen á Universidade (non ó sr. reitor) pechalas. Estas decisións non poden depender do interese do reitor ou do vicerreitor. É a Universidade que ten que pronunciarse.

3. ¿Qué piensa hacer con todos los catedráticos titulares que no cumplen su jornada académica pero que tienen clínicas privadas? Hay claros ejemplos en la facultad de odontología y medicina. Y algunos son profesores que tienen mucha fama. ¿Por qué no se les sanciona?

Todos os profesores teñen a obriga de cumprir coa súa dedicación docente. Como decano, xa teño actuado en varias ocasións en defensa do cumprimento das nosas obrigas docentes. O que está facendo o actual equipo de goberno non é a miña responsabilidade. Eu non miraría para outro lado nin consentiría que haxa profesrores, sexan de Medicina ou de calquera outra titulación, que non cumplan co seu compromiso. Só pido que a situación se denuncie ante o decanato ou a vicerretoría, e xa se tomarían, inmediatamente, as medidas necesarias para corrixir esta anomalía.

4. Hace tiempo que dejé la universidad, pero como ciudadana quiero saber qué opina de que se eliminen las plazas de aparcamiento del campus sur. Gracias por su respuesta.

O Campus Sur ten que estar libre de coches. O Campus Sur ten que ser un espazo para a conversación, o estudo, o paseo. Polo tanto: sen coches.

5. En la USC existen del orden de 400 contratados a cargo de proyectos de investigación, con contratos precarios de obra y servicio, renovando año a año, y en algunos casos mes a mes. Los hay incluso que llevan más de 10 años trabajando para esta universidad. ¿Qué piensa hacer al respecto? ¿Contempla alguna medida para paliar esta situación?

Trátase dunha situación moi complexa e haberá que estudar, en colaboración cos representantes dos traballadores, cal é ou son as medidas que haberá que tomar con respecto a este persoal. O que está claro é que esta vía non pode ser un sistema para ampliar a plantilla do PDI. O xeito máis honrado ten que ser: informar ás persoas que se contratan cales son as súas perspectivas de futuro na USC, facer eses contratos con coñecemento do responsable de profesorado da universidade, impedir as situacións de escravitude, e se fose posible e viable economicamente e do interese da institución, estabilizalos porque vivir así permanentemente ten que ser moi difícil.

6. ¿Qué hará como rector de la USC si la Xunta decide que A Coruña tenga una segunda facultad de Medicina?

Primeiro, quedarme perplexo e comprobar, unha vez máis, que os políticos se moven por intereses partidistas e non de país. O segundo, protestar. O terceiro, reclamar Arquitectura e Enxeñaría de Camiños para a USC. Neste tema a miña postura é clara: unha soa Facultade coa implicación de todo o sistema sanitario galego na formación dos futuros médicos.

7. ¿Cales son as perspectivas que vostede propón para o colectivo de investigadores Parga Pondal na Universidade de Santiago?
¿Cal é a súa proposta con respecto ao futuro dos Investigadores Parga Pondal da USC?
¿Cal é a súa opinión sobre os programas de recrutamento de doutores con experiencia posdoutoral (Ramón y Cajal e Isidro Parga Pondal)? ¿Son necesarios no sistema universitario galego? ¿Contempla vostede a posibilidade de creación de contratos indefinidos de PDI xerados por necesidades investigadoras e sen necesidades docentes?

A perspectiva ten que ser a súa estabilización dependendo dos recursos da USC, da súa valía investigadora demostrada na USC, das necesidades de profesorado e investigadores en cada área de coñecemento. A política de captación de investigadores é necesaria para a USC pero debe facerse en harmonía coa política de profesorado da Universidade. Só deste modo poderemos asegurar a consolidación de todos os investigadores. Non hai que olvidar que se unha área ten moitos profesores iso produce que outras ao mellor non os podan ter porque ao final só hai un montante económico global para pagar a todos os profesores da USC. Son un firme defensor da formación postdoutoral e creo que esa ten que ser unha vía de enriquecer esta universidade. Eu mesmo fixen unha estancia postdoutoral no National Institutes of Health (Bethesda, MD, USA) durantes 3 anos.

Estamos na universidade e de entrada todos os investigadores deberían participar, aínda que sexa un pouco, na función docente. Se hai investigadores non docentes terán que financiarse por outra vía (proxecto, contratos, fundacións, etc.) porque na actualidade non sería viable pagar salarios a persoas que non son docentes.

Globalmente este é un tema moi complexo e a solución a teremos que buscar entre todos.

8. En relación a la endogamia universitaria: cree que se debe limitar el poder de los Departamentos? Algunos (o muchos) frenan la incorporación de personal docente e investigador externo haciendo de ellos pequeños reinos de "Taifas" ...

Si, a endogamia é mala dende un punto de vista biolóxico. Estou en contra dos reinos de taifas que empobrecen o tecido docente e investigador. No meu programa, se conta como creo que debe facerse neste tema aínda que ao final é a ética das persoas a que debería impedir tropelías e desmanes.

9. ¿Por que será que todos los rectores ,después de Cadarso (años 30 del siglo XX), hasta ahora, parecen igual de de anodinos? ¿Por qué aparentan solo aparentar?

Todo menos anodino e se non pregúntelle a quen me coñeza. Non me gusta aparentar, nin sequera ser o centro de atención. Gústame traballar e non figurar. Tampouco penso que os reitores teñan un aura especial, próximo a divinidade, senón que somos xente normal cunha probabilidade maior de ter canas que o resto da comunidade universitaria.

10. ¿Que opina vostede sobre o plano de Bolonia e a aplicación deste na nosa universidade? ¿Que fará vostede para garantizar a transparencia nos financiamentos das nosas facultades (como no exemplo de CCPP)? ¿Cre vostede que os estudantes necesitamos maior importancia na universidade por medio tanto da vicerreitoría de estudantes como por outros medios?

Boloña é boa: significa adopción do crédito ECTS, a carreira universitaria estruturada en 3 niveis: Grao, Máster e Doutororamento, e adopción do Suplemento Europeo ao Título. Eso é bo porque favorece a mobilidade e harmoniza os estudos en Europa. Boloña non di nada de privatizar a universidade nin de que sexa invadida polas empresas. ¿Cómo se fixo? Regular tanto en España como en Galicia (USC). Caos normativo, o inaceptable custo cero, masters a barullo, présas sen necesidade, etc.

O financiamento nas Facultades ten que ser debatido na comisión de asuntos económicos do Centro e aprobada en Xunta de Facultade. A mellor garantía da trasparencia é a trasparencia e se hai sospeita dalgunha cousa denuncialo onde corresponda.

Si, hai que reforzar moito a participación dos estudantes na vida universitaria. Teñen que ser partícipes do goberno e dos grandes acordos que afecten á política universitaria, non só a dos estudantes. Ademais é imprescindible a súa crítica. No meu programa van medidas nesa dirección. 

11. ¿Qué idea tiene usted para acercar la universidad al mundo real y no continuar despilfarrando dinero en la formación de personas que luego nunca trabajarán de acorde con su formación? Además con su experiencia como decano de la Facultad de Biología, ¿se ha planteado cuantos de los que terminan la carrera de Biología trabajan como profesionales de la Biología?

Eu propoño unha política de austeridade no goberno da universidade. Vostede sinala un problema moi grave que ten varias causas como por exemplo (no caso de Bioloxía): que a titulación estea triplicada en Galicia o que implica que se xeneran máis titulados que os que o mercado laboral pode absorber; que aínda haxa intereses corporativos que impidan o acceso dos titulados a determinados traballos; que Galicia sexa unha sociedade cun tecido industrial pouco desenvolvido; porque se lle permita ás empresas que contraten persoal non cualificado en vez de persoal cualificado; porque se limite a entrada ás Facultades para que a docencia sexa de máis calidade, etc. 

12. ¿Va usted a retirar la Tarjeta Visa Oro a todos sus vicerrectores? ¿Seguirán pasando a cuenta de la Universidad comidas en el restaurante de la Torre Eiffel??

Non sabía o da Visa Oro. A verdade é que e dá unha grande alegría sabelo: se son reitor terei unha Visa Oro! Xa me animo máis. Agora en serio: os vicerreitores non teñen que ter Visa oro e se a teñen que sexa só para presumir. Se comen no restaurante da Tour Eiffel que o paguen eles.

13. Usted manifestó sus reservas a una promoción automática de los acreditados a cátedra pues no se podía hacer catedrático a alguien con evaluaciones docentes negativas. ¿podría indicar sus medidas con respecto a profesores, titulares o catedráticos, que no han publicado en los últimos 10 años, y sobre el personal de administración con horario 9-14 con 1 hora de café?

Hai que promocionar a xente que o merece polo seu traballo docente e investigador. E os criterios para a promoción terán que decidilos a Universidade (a miña intención é que sexa unha normativa aprobada polo Claustro). A xornada laboral está para cumprirse por parte de todos. Hai que facer uso dos dereitos e cumprir coas obrigas.

14. ¿Ten vostede unha visión da educación e da sociedade conservadora ou unha visión de esquerdas?

Eu teño a visión de JGM, que non ten vinculación política. O meu credo neste tema é: Creo na Universidade Pública e sempre a defenderei con uñas e dentes se fai falla. Non sei se esto é de esquerdas ou dereitas. Creo nas persoas e na súa capacidade para desenvolver o seu traballo. A Ciencia non ten ideoloxía. Creo nunha universidade NON gobernada por unha elitocracia que se cre en posesión da verdade. Creo que os luxos son prescindibles. Creo ...

15. ¿Cree usted que con tantos candidatos aumentará la participación o seguirá en ese insultante 20% de anteriores comicios? ¿Por qué se registra tan alta abstención? ¿No interesan estas elecciones?

Penso que a participación será moi elevada nesta ocasión. Necesitámola. A diversidade de candidatos é unha vantaxe e ademais está de acordo co ano internacional da biodiversidade.

16. ¿Cuáles van a ser las líneas que definirán su acción de Gobierno? Muchas gracias y suerte.

Gracias por desearme suerte. Cambios en la forma de gobernar y en todas las políticas universitarias.

17. ¿Por qué es políticamente incorrecto que los candidatos hablen públicamente en español? ¿No es una forma de censura, aparte de una hipocresía?

Por enriba de calquera oura postura, RESPETO LA LIBERTAD DE TODO EL MUNDO A EXPRESARSE COMO LE PAREZCA. Entendo tamén que estamos en Galicia, na USC, e temos que facer un esforzo porque o galego teña presenza institucional. A lingua ten que unirnos, non enfrontarnos. Eu respecto a todos os candidatos, exprésense en galego ou en castelán.

 

Grazas a todos polas vosas preguntas. Sinto non poder respostar a todas pero esgotouse o tempo. Xa terei tempo a respostar durante a campaña electoral. Unha aperta a todos, me voten ou non.

Vídeo

  • O actual decano da Facultade de Bioloxía, Jaime Gómez Márquez, foi o primeiro dos sete candidatos a reitor da USC en participar nos encontros dixitais organizados polo Grupo Correo Gallego. Correo TV