Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 16 de 52] noticia anterior de Eleccions USC Galicia » Eleccions USC

Pioneiros

A USC estrea o voto electrónico nas vindeiras eleccións

16.04.2010  Aplicarase para elixir os representantes dos consellos de departamento

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

A USC presentou onte o proxecto de e-voto para os vindeiros comicios FOTO: Santi Alvite
A USC presentou onte o proxecto de e-voto para os vindeiros comicios
FOTO: Santi Alvite

A Universidade de Santiago de Compostela vai desenvolver un Plan Piloto de Votación Electrónica durante as vindeiras Eleccións 2010. Concretamente, este plan aplicarase no proceso para a elección de representantes nos Consellos de Departamento. O proxecto piloto de-senvolverase en 55 departamentos da Universidade compostelá que se apuntaron para participar nesta experiencia.

O voto electrónico consistirá na emisión de sufraxios a través dun dispositivo telemático utilizando identificación electrónica. O sistema "permitirá a emisión de votos a través das redes de datos de forma totalmente segura", sinalou Carlos Gómez Otero, secretario xeral adxunto da USC.

Pola súa banda, a secretaria xeral da USC, Isabel García Rodeja, subliñou a importancia deste plan ao permitir acumular experiencia nun eido de grande complexidade na Universidade, pola cantidade de votantes chamados en cada proceso e pola diversidade de procesos electorais para os distintos órganos de representación universitarios, "cunha media de un proceso electoral anual", lembrou.

Antes de votar, o usuario terá que autenticarse mediante un sistema de usuario e contrasinal ou PIN que lle proporcionará a Universidade. Nalgúns casos, e para futuras experiencias, tamén poderán utilizarse certificados de sinatura avanzada. Logo accederase á plataforma de voto electrónico que presentará as distintas opcións de elección.

Con anterioridade a saír da aplicación de votación, aparecerá na pantalla un recibo de voto que se poderá imprimir permitindo comprobar que o voto sexa contabilizado cando se publiquen os resultados. En ningún caso será posible rastrexar o emitido a través deste xustificante.

O voto electrónico no proceso para a elección de representantes aos Consellos de Departamentos poderá realizarse no período de voto anticipado (os días 29 e 30 de abril ou o 3 de maio) e durante a xornada de votación establecida na convocatoria electoral, entre as 10:30 e as 18:30 horas.

O voto poderá emitirse dende calquera dispositivo conectado a internet, podendo habilitarse unha ou varias cabinas electrónicos nos propios centros da universidade compostelá. Os electores terán que conectarse a través da secretaria virtual ou a unha dirección electrónica.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS