El Correo Gallego

Noticia 9 de 266 noticia anterior de espazoAbalar Galicia » espazoAbalar

Premio a cinco centros de Área

Educación recoñece a labor escolar do CIFP Coroso de Ribeira; o CEIP Felipe de Castro de Noia; os plurilingües de Fontexería de Muros e Pepe de Xan Baña de Santa Comba, e ao CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños

O CIFP Coroso de Ribeira foi galardoado con 1.500 euros pola Consellería de Educación polo un proxecto de investigación.  - FOTO: C.E.
O CIFP Coroso de Ribeira foi galardoado con 1.500 euros pola Consellería de Educación polo un proxecto de investigación. - FOTO: C.E.

M. GIL  | 19.12.2017 
A- A+

O CIFP Coroso de Ribeira, o CEIP Felipe de Castro de Noia e o IES Plurilingüe de Fontexería de Muros foron tres dos dez centros educativos da provincia da Coruña que resultaron galardoados no cuarto concurso de traballos por proxectos coordinados polas bibliotecas escolares, que impulsa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no contexto do Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares. Ademais outros dous centros de Área tamén foron premiados: o CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños e o Plurilingüe Pepe de Xan Baña de Santa Comba.

Segundo explica a Xunta, ao abeiro desta convocatoria, á que se destinaron 33.500 euros (un 10% máis que o ano anterior), concedéronse un total de 21 premios en centros de toda Galicia.

O obxectivo deste certame é recoñecer o labor que se desenvolve desde estes espazos para impulsar o uso de metodoloxías activas, a realización de traballos de investigación e interdisciplinarios e a adquisición das competencias informacionais por parte do alumnado.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt