El Correo Gallego

Noticia 11 de 239 noticia anterior de espazoAbalar Galicia » espazoAbalar

A Xunta e o Cervantes recuperan a obra do fotógrafo Baldomero Pestana

Román Rodríguez: “O proxecto rescata para a memoria artística de Galicia a un mestre da cámara descoñecido para o gran público”

Desde a esquerda, Chus Villar, Juan Manuel Bonet, Ana Isabel Vázquez, Román Rodríguez e Anxo Lorenzo
 - FOTO: XdG
Desde a esquerda, Chus Villar, Juan Manuel Bonet, Ana Isabel Vázquez, Román Rodríguez e Anxo Lorenzo - FOTO: XdG

16.11.2017 
A- A+

Unha exposición, que recalará en Madrid e en Santiago e que se prevé itinerante, recuperará ao longo do próximo ano a figura do fotógrafo lucense Baldomero Pestana (Castroverde, 1917-2015), un “gran descoñecido” para o público galego que traballou, sobre todo, o fotoperiodismo e o retrato en países como A­rxentina ou Perú.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e o director do Instituto Cervantes, Juan Manuel Bonet, anunciaron onte na Cidade da Cultura de Galicia que ambas institucións organizarán de xeito conxunto unha gran exposición para recuperar e pór en valor a obra de Pestana, un referente da imaxe segunda metade do século XX.

A exposición, titulada Pestana, a verdade entre as más, inaugurarase o 15 de febreiro na sede do Cervantes en Madrid e chegará o 27 de abril ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, onde poderá visitarse até o 2 de setembro.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt