El Correo Gallego

Noticia 7 de 41 noticia anterior de Federación Galega de Comercio Galicia » Federación Galega de Comercio

O comercio electrónico: oportunidade e necesidade para o sector tradicional

A porcentaxe de persoas que mercaron a través de internet nos últimos tres meses aumenta 2,8 puntos

Pantallazo da web www.comerciogalicia.es. Un 35 % da poboación xa compran de forma habitual a través de internet - FOTO: www.comerciogalicia.es
Pantallazo da web www.comerciogalicia.es. Un 35 % da poboación xa compran de forma habitual a través de internet - FOTO: www.comerciogalicia.es

REDACCIÓN  | 02.10.2017 
A- A+

O comercio de proximidade caracterizouse sempre por ser un sector en continua evolución. Nos últimos tempos, os avances tecnolóxicos e os cambios no comportamento do consumidor, fortalecidos polos novos dispositivos e medios tecnolóxicos á nosa disposición están transformando todo e obrigan máis ca nunca a unha adaptación rápida e constante que está a cambiar tanto o xeito de vender como as formas de mercar.

O comercio electrónico está a adquirir unha gran importancia en España: a enquisa do INE sobre Equipamento e uso de Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) nos fogares aporta datos significativos, como que o 81,9 % das vivendas con a lo menos un membro de entre 16 e 74 anos dispón de acceso a internet; ou que a porcentaxe de persoas que mercaron a través de internet nos últimos tres meses aumenta 2,8 puntos, acadando unha penetración do 34,9 % da poboación.

Outros informes, como o ONTSI (Observatorio Nacional de las Telecomunicacións e Sociedade da Información) conclué ademais que roupa, complementos e artigos deportivos son sectores que lideran o negocio ‘on-line’, xunto co de turismo e venda de entradas. Ademais, sinala que o perfil do comprador ‘on-line’ segue a ser similar ó do perfil tradicional de internauta: home, entre 35 e 49 anos, con estudios secundarios ou universitarios, de nivel socioeconómico medio e medio alto, e residente en hábitats urbanos. Pero tamén aparece un perfil de novo comprador: muller, entre 35 e 49 anos e, en menor medida, entre 15 e 24 anos, residente en poboacións grandes, de clase social media e sen fillos.
O fogar segue a ser o lugar preferido para realizar as compras e mantense a irregularidade na frecuencia. Entre as motivacións para mercar ‘on-line’ destacan a comodidade na compra, aforro de tempo e as promocións/ofertas.
Outros datos de interese son que a búsqueda ‘on-line’ incrementa considerablemente a súa presencia como o principal método de búsqueda de información e de comparación de prezos, experimentando un crecemento as búsquedas a través de dispositivos móbiles, aínda que todavía segue a ser minoritario fronte ó ordenador convencional.
Os sitios web que venden exclusiva ou principalmente por internet consolídanse como primeira canle de compra, seguidos das web de fabricante. Por outro lado, as tendas con establecemento físico e venda ‘on-line’ experimentan un empuxe importante.

INNOVAR OU MORRER. Neste entorno, o comercio tradicional ten que avanzar na mellora da xestión do punto de venda e na adopción de tecnoloxías e medidas que permitan mellorar a súa competitividade e grado de dixitalización adaptándose a esos cambios que se producen nos hábitos de compra. De non facelo, exponse perigosamente a desaparecer.
Dende a Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Xunta de Galicia, estase a traballar xa dende tempo atrás na realización de actividades que buscan incentivar e mellorar a capacidade dos establecementos galegos en temas como o comercio electrónico. Neste senso, púxose a disposición do comerciante a plataforma de servizos e fidelización Comerciogalicia.es. Esta plataforma ten como obxectivo fomentar e implantar as novas tecnoloxías para facilitar a modernización e profesionalización da xestión de clientes nos comercios galegos. Actualmente conta con miles de productos á venda, subidos por establecementos galegos que abren deste xeito as súas portas ó mundo, podendo acceder a clientes que doutro xeito sería imposible chegar. A plataforma de servicios Comerciogalicia ofrece moi variados e completos servizos que van dende a tenda de venda ‘on--line’ ata as tarxetas de fidelización de clientes e abrangue tamén o asesoramento personalizado ós asociados á plataforma.

Por outro lado, estase a traballar na necesidade de dixitalizar os negocios comerciais, incidindo na concienciación e formación en marketing dixital (presencia web, redes sociais, reputación dixital, etc.) e dando a coñecer as axudas que a Administración Autonómica habilita neste eido.