El Correo Gallego

Noticia 8 de 41 noticia anterior de Federación Galega de Comercio Galicia » Federación Galega de Comercio

O comercio galego estrena o outono

Os establecementos acollen con optimismo a chegada da nova estación despois de varios meses de subidas continuadas das vendas

A estación déixase notar xa nos escaparates, nas cores, nos tecidos e nos deseños. Roupa e calzado son os principais subsectores que se renovan coa nova temporada - FOTO: Antonio Hernández
A estación déixase notar xa nos escaparates, nas cores, nos tecidos e nos deseños. Roupa e calzado son os principais subsectores que se renovan coa nova temporada - FOTO: Antonio Hernández

22.09.2017 
A- A+

Hoxe, 22 de setembro, arranca o outono. Remata o verán e case sen darnos de conta nas vindeiras semanas iremos pouco a pouco gardando as sandalias, o bañador, e a roupa máis fresquiña e empezaremos a sacar as chaquetas, botas, gorros…As temperaturas baixan e os días son cada vez máis curtos. A cor e a caída das follas das árbores anuncian una nova tempada, a de outono-inverno, que tamén viste de estrena os establecementos do comercio galego.

A estación déixase notar xa nos escaparates, nas cores, nos tecidos e nos deseños. Roupa e calzado son os principais subsectores que se renovan coa chegada da nova temporada, pero tamén a roupa de fogar, os peiteados, os perfumes, a alimentación e incluso a cosmética adáptanse á época do ano.

O sector comercial galego agarda con optimismo a chegada do outono-inverno, despois de varios meses de subidas continuadas das vendas. Segundo os últimos datos publicados polo INE sobre o Indice do Comercio ó por Menor en Galicia, esta taxa de crecemento situouse no 1,2% no mes de xullo, por riba da media estatal.

Deste xeito, os comerciantes afrontan estos meses con esperanza de que esta tendencia se manteña e pouco a pouco recuperar os niveis de vendas.

Coa chegada do tempo máis frío, que este ano xa se está a acusar nestas datas de setembro, chega o momento para o consumidor de descubrir estilos, fichar as prendas, coñecer as novas tendencias e as novas propostas. En canto a roupa e calzado, a temporada ven repleta de looks monocolor, vestidos florais, mangas abultadas, cinturas altas, snakers, botas mosqueteras e outras modas en canto a tecidos, cores, estilos, que enchen os establecementos.

CAMPAÑAS
Dende hoxe ata a chegada da primavera o sector vivirá importantes campañas de vendas, sendo a máis relevante a de Nadal. A tempada navideña alóngase cada vez máis no tempo e o subsector de alimentación é o que da o pistoletazo de saída normalmente no mes de novembro, coa colocación nas estanterías do turrón e outras delicias navideñas que anuncian a chegada destas datas de gran relevancia para o sector, xa que supoñen arredor dun trinta por cento das vendas totais do ano.

Pero ademáis, recentemente sumouse unha nova data a esta campaña, o “Black Friday”, que está a acadar cada ano máis relevancia e que se celebra o último venres do mes de novembro. Aínda que beneficia principalmente ás tendas de electrodomésticos e xigantes do comercio electrónico, o sector textil e xogueteiro están notando xa positivamente nas súas vendas a consolidación desta xornada de rebaixas, polo que o comercio tradicional está empezando a vela como unha oportunidade e cada ano son máis os establecementos que se suman voluntariamente ós descontos e incluso os prolongan ata a fin de semana. Haberá que ver a evolución no tempo para valorar se este tipo de iniciativas resultan realmente beneficiosas para o sector.