El Correo Gallego

Noticia 4 de 41 noticia anterior de Federación Galega de Comercio Galicia » Federación Galega de Comercio

Estratexias comerciais nun novo entorno dixital

O comercio electrónico moveu en España no 2016 un total de 24.000 millons de euros, cun incremento do 20%

Hai que traballar para que a rede sexa unha oportunidade, un elemento adicional ós valores do comercio de proximidade, que permita fortalecer o sector
Hai que traballar para que a rede sexa unha oportunidade, un elemento adicional ós valores do comercio de proximidade, que permita fortalecer o sector

13.10.2017 
A- A+

O mercado e o consumidor do comercio retallista galego están a cambiar a un ritmo frenético nos últimos tempos, impulsados polo ritmo imparable das novas tecnoloxías e a competencia das grandes empresas da venda ‘on-line’. Isto está a levar a un novo tipo de comercio que ten que conxugar os seus valores intrínsecos e tradicionais, como son a atención personalizada ou a proximidade, cos novos estilos de vida e posibilidades que abre este entorno dixital.

O sector está máis ca nunca en constante cambio e adaptación, o que está a esixir un esforzo moito maior dos empresarios comerciais por sobrevivir, reinventarse e, en definitiva, manter a competitividade dos seus negocios cos seus sempre limitados recursos.

O comercio de proximidade galego diferenciouse todos estos anos pola calidade do produto, pola atención personalizada e pola cercanía. Pero agora ten que medrar tentando aproveitar as oportunidades e as vantaxes que está marcando a economía dixital e na que o consumidor tamén é totalmente dixital.

Neste entorno cada vez máis complexo, as oportunidades mézclanse coas amenazas. As tendas están máis vivas ca nunca e os distintos formatos físicos, sexan pequenos, medianos ou grandes, teñen que dar resposta a novas necesidades dos seus clientes, que empezan a ser en moitos aspectos homoxéneas. A competencia xa non está entre os distintos formatos físicos senón fora, nos “xigantes” do comercio electrónico.

Neste entorno, o papel das organizacións como a Federación Galega de Comercio; así como das Administracións, como a Xunta de Galicia; é fundamental, xa que deben acompañarlles e apoiarlles neste proceso, impulsando a modernización dun sector que impulsa a sustentabilidade e a recuperación das rúas e contribúe á transformación das cidades, xerando emprego e riqueza ás economías locais.

O comercio electrónico moveu en España no 2016 un total de 24.000 millóns de euros, cun incremento do 20 %. A tecnoloxía está poñendo a disposición do cliente unha alternativa para buscar novos produtos e para tomar decisións de compra máis rápidas e accesibles. Por iso, o comercio retallista precisa empresarios que teñan a vista posta no presente e no futuro, nas novidades, nas tendencias e nas innovacións. Comerciantes activos, dinámicos, emprendedores, que leven a acadar ese “comercio excelente” ó que aspira Galicia e polo que traballan a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Dirección Xeral de Comercio.

O comercio ten que ir cos tempos e subirse ó carro das novas tecnoloxías, porque así o pide o negocio e, sobre todo, porque así o esixe o cliente. Un consumidor que cómpre coñecer e adaptarse a él pouco a pouco. Un consumidor, ademais, que busca experiencias de compra únicas e que os datos demostran que en igualdade de condicións, prefiren acudir á tenda física que usar a canle ‘on-line’.

Hai que traballar para que a rede sexa unha oportunidade, un elemento adicional ós valores do comercio de proximidade, que permita fortalecer o sector e seguir medrando. O mundo dixital achega ó comercio retallista posibilidades para crear imaxe de marca e para trasladarlles ós clientes novas facilidades e servizos.

Neste senso, dende a Xunta de Galicia se está a traballar para que os establecementos utilicen distintas fórmulas para promocionar e comercializar os produtos en liña, para poñer en marcha iniciativas como plans de desenvolvemento dixital e para afondar noutras vías de comercialización, como as tendas pop up; entre outras cuestións.