El Correo Gallego

Noticia 9 de 41 noticia anterior de Federación Galega de Comercio Galicia » Federación Galega de Comercio

Formación, clave para contar cos mellores profesionais do comercio

A FEDERACIÓN GALEGA DO COMERCIO OFERTA TODO TIPO DE CURSOS TANTO PARA OS SEUS AFILIADOS COMO A DESEMPREGADOS

Imaxen de dous dos cursos que impartiron técnicos da Federación Galega de Comercio para profesionalizar e modernizar ó sector.
Imaxen de dous dos cursos que impartiron técnicos da Federación Galega de Comercio para profesionalizar e modernizar ó sector.

M.A.  | 15.09.2017 
A- A+

O sector comercial galego emprega a arredor de 110.000 persoas, entre autónomos e traballadores por conta allea. A taxa anual de ocupación no sector situouse en Galicia segundo os últimos datos publicados, os correspondentes ó mes de xullo de 2017, no 1,7%.
Así, o comercio retallista xenera o 16% do emprego total na nosa Comunidade Autónoma, porcentaxe que vai medrando conforme tamén se van recuperando as vendas no sector.
Nun entorno empresarial en constante evolución, considérase que para favorecer o crecemento, o emprego e a competitividade das empresas comerciais, unha das ferramentas máis útiles é a formación.
Considérase fundamental facilitar a adaptación dos profesionais do sector ós constantes cambios que esixe o mercado e o consumidor. Neste senso, a Federación Galega de Comercio ten como obxectivo fundacional o incremento da profesionalidade e modernización do comercio galego, para o que é necesaria a continua adaptación ás novas tecnoloxías e sistemas de xestión, entre outros retos que se van plantexando ó sector.
Dende os seus inicios, a Federación traballa para ofrecer unha formación a medida do comerciante e dos seus empregados, así como de desempregados que desexen orientar á súa vida profesional ó comercio.
Así, deseña unha oferta adaptada ás necesidades de cada momento e totalmente de balde. Trátase de incrementar a competencia, mellorando a cualificación profesional e o desempeño. De feito, a organización foi sempre a patronal que maior oferta formativa continua executou en Galicia, estando ademáis no grupo de cabeza en financiamento a nivel estatal, clave para poder contar cos mellores profesionais do comercio.Para o último trimestre de 2017 e para 2018 a Federación Galega de Comercio ten previsto impartir formación para ocupados e desempregados do sector comercio tanto en modalidade presencial como en modalidade teleformación e as especialidades formativas a impartir serán: Manipulador de Alimentos, Contabilidade, Deseño Gráfico Vectorial con Adobe Illustrator (básico), Ferramentas Tecnolóxicas ó Servizo da Xestión Comercial de Clientes, Xestión de Comunidades Virtuais, Mercadotecnia en Internet, Fidelización e Retención de Clientes, Merchandising e Venda en Panaderías, Promocións Comerciais no Punto de Venda e On Line.

FORMACIÓN ON LINE. Nos últimos anos, a formación online converteuse nunha alternativa moi importante á formación tradicional, dado que esta modalidade permite chegar a un maior número de persoas, superando as limitacións físicas e xeográficas da formación convencional.
Ademáis, para os profesionais do sector o e-learning aportou grandes vantaxes, como flexibilidade horaria, autonomía para o alumno, aprendizaxe activo, facilidades de actualización da información; engadindo a calidade dos contidos dos cursos, así como ós equipos de tutores e dinamizadores que os comerciantes teñen á súa disposición.
Os programas formativos compleméntanse con outras actuacións de actualización de coñecementos como son obradoiros, seminarios, manuais, etc. que se realizan ó longo do ano.
Con todas estas actividades contribúese a capacitar e facilitar a reciclaxe a tódalas persoas que pretenden mellorar as súas competencias profesionais e incrementar as súas posibilidades de carreira, obtendo unha formación de calidade orientada ó mercado laboral. Todo iso permite que o comercio galego conte hoxe en día con grandes profesionais.