El Correo Gallego

Noticia 10 de 41 noticia anterior de Federación Galega de Comercio Galicia » Federación Galega de Comercio

Programas e ferramentas para manter a competitividade do sector comercial galego

O 13% do PIB e o 16% do emprego na nosa comunidade xenérase nos 50.000 comercios máis tradicionais

Imáxenes dun dos arredor de 50.000 comercios tradicionais que representan unha parte importante, o trece por cento, do PIB galego
Imáxenes dun dos arredor de 50.000 comercios tradicionais que representan unha parte importante, o trece por cento, do PIB galego

08.09.2017 
A- A+

O comercio tradicional galego está composto por arredor de 50.000 establecementos e supón o 13% do PIB e o 16% do emprego total. Isto convérteo nunha das maiores fontes de riqueza económica, ó que se suma o seu papel social e urbano.

Por outra banda, trátase dun sector sometido a continuos e profundos procesos de cambio, que lle esixen un esforzo constante de renovación e adaptación para manter a súa competitividade fronte a outras estruturas comerciais.

Por ese motivo, o sector comercial lembra constantemente o papel que representa e que ten que ser necesariamente apoiado polas distintas administracións, segundo as súas respectivas competencias. Froito desta interlocución constante entre os representantes do comercio retallista, que encabeza a Federación Galega de Comercio, e a Xunta de Galicia, a nivel autonómico o sector conta xa dende principios dos anos 90 con distintos plans cuatrienais de apoio que se foron complementando con actualizacións normativas adaptadas ás necesidades e realidade dos establecementos comerciais galegos en cada momento.

Actualmente está en marcha o denominado Plan de Impulso ao Comercio de Galicia 2015-2020, que define como obxectivo fundamental o desenvolvemento dunha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade e modernización do sector. Grazas a este plan realízanse un conxunto de medidas e actuacións e foméntanse estratexias que inciden na dinamización das estructuras comerciais, modernizándose e mellorando a súa xestión.

AXUDAS
Dentro deste Plan, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da súa Dirección Xeral de Comercio, promove distintos programas e liñas de axuda e pon a dispor dos comerciantes e os emprendedores do sector unha serie de ferramentas.

A Federación Galega de Comercio, así mesmo, ten a disposición do sector o seu Gabinete de Asistencia Técnica e Liña 900 gratuíta de asesoramento e información, atendido por persoal técnico cualificado que realiza funcións de orientación, asesoría e información ós comerciantes e ás estructuras asociativas comerciais e demáis entidades de comercio existentes para apoiar o coñecemento destos programas e ferramentas, incentivando que fagan uso delas.

Dentro das axudas máis destacadas para o sector comercial galego, cómpre suliñar as que se publican anualmente dirixidas a asociacións e federacións de comerciantes para a revitalización do comercio de proximidade e incentivación do consumo; as encamiñadas á dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia e a orientada á mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas.

Na actualidade, e ata o vindeiro luns, está aberto o prazo para solicitar unha nova axuda para apoiar proxectos de expansión comercial e innovación tecnolóxica, orientada a apoiar a aqueles establecementos que están a evolucionar e transformarse para satisfacer os cambios que os clientes demandan e para testar novos mercados, por un intervalo determinado de tempo, mediante a posta en marcha de proxectos piloto pop up para a expansión comercial.

Por outra banda, de gran interese para o sector resultan tamén as axudas para a contratación de persoal ou fomento do emprego autónomo e tamén o coñecemento sobre lexislación relacionada coa actividade comercial e coa normativa de consumo: comercio electrónico, etiquetado, prezos, facturación, protección de datos, normativa laboral e fiscal, lexislación sobre combinacións aleatorias e sorteos, propiedade intelectual, presentación telemática de axudas, e un longo etcétera. De todas estas cuestións informa e asesora o Gabinete Técnico da Federación Galega de Comercio, de xeito presencial ou a través da liña telefónica gratuíta 900 103 087.