O río Mera nace no Monte Caxado, no concello de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), a uns 750 metros de altitude, da confluencia dos regatos Seixo, Santomé, Caseta e Merlán
O Miñor é un río pontevedrés que nace na Serra do Galiñeiro, no concello de Gondomar, a uns 400 metros de altitude e que desemboca na ría de Baiona, vertendo as súas augas ó Océano Atlántico, entre a Ramallosa e Sabarís, fronte ás Illas Cíes
O río Bibei nace na provincia castelá de Zamora, nas inmediacións do Pico de Moncalvo, na comarca de Sanabria, e xa na nosa comunidade atravesa os concellos de Viana do Bolo, O Bolo, Manzaneda e Pobra de Trives (na provincia de Ourense) e Ribas de Sil e Quiroga (en Lugo)
O río Sor nace no Monte Montouto, no concello lucense de Muras, a uns 620 metros de altitude, de forma moi ramificada e tendo como curso principal ó Xantas
O río Grande nace no Pico de Meda, no concello coruñés de Coristanco, da unión dos regatos Mira e Sixto e recibe o nome de río Baio ata que se xunta co Zas, a partir de onde pasa a ser coñecido como río Grande
O río Landro nace na Serra do Xistral, a uns 1.000 metros de altitude, e logo de percorrer os concellos lucenses de Muras, Ourol e Viveiro, pertencentes á comarca da Mariña Occidental, desemboca no mar cantábrico, entre a praia de Covas e o porto de Celeiro, formando a ría de Viveiro
O río Arnoia é un curso fluvial ourensán que nace na Serra de San Mamede, no lugar de Rebordechao, a 1.300 metros de altitude, e que desemboca no río Miño, no encoro de Frieira
O Umia nace nas proximidades da Serra do Candán, en Aciveiro (concello de Forcarei), a 640 metros de altitude, e discorre polos concellos de A Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Ribadumia e Cambados, atravesando boa parte da comarca do Salnés e desembocando na Ría de Arousa, na localidade de Barrantes, delimitando a península do Grove
O río Arnego, un curso fluvial interior da provincia de Pontevedra, nace a 800 metros de altitude na Pena de Francia, na Serra do Faro, e desemboca no embalse de Portodemouros, unindo as súas augas coas do Ulla, no lugar de Brocos
O río Lérez nace na Serra do Candán, no concello pontevedrés de Forcarei, a uns 900 metros de altitude, e desemboca na Ría de Pontevedra vertendo as súas augas ó Océano Atlántico
Orío Anllóns discorre íntegramente pola provincia da Coruña, regando a comarca de Bergantiños, pola que discorre practicamente en paralelo á costa
O río Deza é un dos principais afluentes do Ulla e discorre integramente pola provincia de Pontevedra, regando a comarca que leva o seu nome e atravesando os concellos de Lalín, Silleda e Vila de Cruces
O Masma é un río integramente galego que discorre pola Mariña lucense atravesando os concellos de Abadín, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz
O Xallas transcorre íntegramente pola provincia de A Coruña dende o seu nacemento, no Monte Castelo (entre os concellos de Coristanco e Tordoia), ata a súa chegada ó Océano Atlántico en forma de fervenza, no lugar de Ézaro (Dumbría) e que constitúa a única desembocadura deste tipo existente no continente europeo
Neste capítulo falaremos da conca media e baixa do Miño, dende a súa entrada na provincia de Ourense, a partir do encoro dos Peares, ata a súa desembocadura no Océano Atlántico, entre a localidade pontevedresa de A Guarda e a portuguesa de Caminha
O Miño é o río máis importante de Galicia, tanto por tratarse do máis longo (máis de 300 quilómetros de lonxitude) como por ser o máis caudaloso, unha vez o seu curso recibe as augas do Sil, o seu afluente máis significativo
Os ríos Lor e Quiroga, ambos os dous pertencentes á provincia de Lugo e afluentes do Sil, poden considerarse as veas dun dos espazos naturais máis emblemáticos de Galicia: a Serra do Courel
O río Mero nace nos Montes da Tieira (Cesuras) e desemboca na Ría do Burgo para verter as súas augas ó Océano Atlántico
O río Sil nace na Cordilleira Cantábrica, na provincia de León, e desemboca no río Miño, no lugar de Os Peares, despois de percorrer diferentes pobos como os de O Barco de Valdeorras, A Rúa, Nogueira de Ramuín ou Parada de Sil, na parte ourensá, e Quiroga, Ribas do Sil ou Sober, na lucense
O Río Tambre é un dos cursos fluviais máis importantes da provincia da Coruña. Nace no concello de Sobrado dos Monxes, na Serra do Bocelo, e desemboca na Ría de Muros e Noia para verter as súas augas ó Océano Atlántico
O Mandeo é un río integramente coruñés que nace na ladeira atlántica da Serra da Cova da Serpe, en Sobrado dos Monxes, e que da forma na desembocadura á ría de Betanzos, despois de regar coas súas augas os municipios de Sobrado, Curtis, Aranga, Irixoa, Coirós, Paderne e Betanzos
