Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 58 de 163] noticia anterior de Galicia ambiental Galicia » Galicia ambiental| noticias@galiciaambiental.org

Galicia Natural

As Fragas do Eume, o outro bosque animado

30.04.2010  Este Parque Natural Galego, declarado o 30 de xullo do ano 1997, abrangue a parte baixa da conca do río Eume ó seu paso pola zona nordeste da provincia de A Coruña, situándose entre a Ría de Ares e a Serra da Loba. As máis de 9.000 hectáreas de extensión deste singular espazo natural pertencen ós concellos de As Pontes de García Rodríguez, A Capela, Monfero, Cabanas e Pontedeume.

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O profundo canón escavado nestas terras polo río Eume, xunto coa inmensidade e variedade vexetal e animal que o visitante se pode atopar nas Fragas, son a súa mellor carta de presentación. No Parque Natural existen numerosas especies vexetais entre as que se atopan exemplares de fieitos Woodwardia radicans ou Culcita macrocarpa, presentes nestas terras dende hai millóns de anos. Os carballos, os castiñeiros, os ameneiros, os bidueiros, os freixos ou os loureiros, xunto con outras especies máis difíciles de atopar en zonas tan próximas ó mar como os acivros, os teixos, os carballos negral ou albar, son algunhas das árbores que conviven neste singular bosque de Galicia. Os cogomelos encontran na zona baixa da conca do Eume un espazo único para a súa reproducción.

En canto á fauna, as Fragas do Eume son lugar de residencia de numerosas e diversas especies. Entre as seus mamíferos poderanse observar exemplares de algarias, raposos, gatos bravos ou martas, ademais de aves como o tordo galego, o falcón peregrino ou o bufo real. Nas súas augas o reo e a troita son os principais protagonistas. A pesares da presión humana, o lobo manten a súa presencia na súa parte alta. En total, este Parque Natural ten catalogadas 15 especies de anfibios, 14 de réptiles, 8 de peixes, 103 especies de aves e 41 de mamíferos.

A Fraga mantén un conxunto de riscos ambientais importantes: o eucalipto ten unha presenza cada vez maior en zonas non apropiadas, froito das plantacións forestais realizadas nas zonas media e alta das ladeiras. Especies invasoras como o visón americano teñen unha presenza notable logo de accións irresponsables de “liberación” realizadas por colectivos mal chamados ecoloxistas, as augas sofren un proceso de deterioro considerable por obras como a da autoestrada de As Pontes, as reduccións de caudal ou vertidos relacionados coa central térmica, con periódicas mortandades de peixes como consecuencias directas.

Ver: o mosteiro de San Xoán de Caaveiro (finais do século IX), considerado o corazón das Fragas e situado no concello de A Capela é un dos monumentos que non se poden deixar de visitar. O Castelo dos Andrade, xunto coa Torre de Andrade situada en Pontedeume, ou o Mosteiro de Santa de María de Monfero son outros lugares que merecen especial atención neste apartado, xunto coas fermosas praias da zona.

Chegar: O principal acceso ás Fragas do Eume é a estrada local C-6902, que conduce dende Pontedeume ata Caaveiro, pasando por Ombre. Outras opcións son o desvío dende As Neves, na estrada AC-141, ata a central do Eume e a estrada local C5002 que chega ata Val Xestoso, pasando polo mosteiro de Monfero.

Comer: A ruta das Cantinas é a nosa recomendación; comer ben a prezos máis que axustados convírtenas nunha opción inmellorable.

Aloxamento: na comarca do Eume hai unha ampla oferta de aloxamentos rurais, así como varios cámpings enmarcados en espazos naturais como o Camping Fragadeume, en Monfero, ou o da praia de Ber, en Pontedeume.

 


Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS