Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 18 de 163] noticia anterior de Galicia ambiental Galicia » Galicia ambiental| noticias@galiciaambiental.org

Galicia Natural

Cursos fluviais de Galicia: Mero, Barcés e Cecebre

18.03.2011  O río Mero nace nos Montes da Tieira (Cesuras) e desemboca na Ría do Burgo para verter as súas augas ó Océano Atlántico

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Ó longo do seu percorrido de máis de 40 quilómetros atravesa os concellos coruñeses de Cesuras, Abegondo, Oza dos Ríos, Bergondo, Cambre, Culleredo e Oleiros. Algúns dos seus afluentes son o Brexa, o Valiñas ou o Gándara, pero sen dúbida, o Barcés é o máis relevante. Este afluente nace alimentado por varios regatos que surxen na zona de Cerceda e únese ó Mero nutrindo o encoro de Cecebre. Esta presa foi construida na década dos 70 para abastecer de auga á cidade da Coruña e a súa área metropolitana, sen ser o aproveitamento eléctrico o seu principal cometido.

Abarcando maioritariamente os concellos de Abegondo e Cambre, a pesares de ser unha construción artificial, o encoro convertiuse nun núcleo con biodiversidade específica e que se enmarca no LIC Encoro de Abegondo-Cecebre, declarado tamén Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) pola súa riqueza paisaxística e ecolóxica, ó ser refuxio de numerosas especies de fauna e flora. Esta presa anega boa parte do que no seu día foi a Fraga de Cecebre e que inspirou a obra de Wenceslao Fernández Flórez, “El bosque animado”. Na actualidade, só se conserva unha pequena extensión, augas abaixo da presa, dun dos grandes expoñentes deste tipo de bosques en Galicia.

O río Mero conta cunha boa presenza de troita nas súas augas, aínda que tamén se poden observar no seu curso exemplares de anguía, boga, reo (no tramo despois do encoro) e, nos últimos anos, carpín. En Cecebre, onde se atopan os catro coutos de  pesca que ten o río, a troita é a especie dominante aínda que tamén hai presenza de black-bass. O propio encoro limita a existencia de salmónidos nas augas do Mero.

A presión urbanística do entorno deste río e a contaminación arrastrada polo Barcés dende a zona do seu nacemento, onde empresas como Sogama ou a central térmica de Meirama teñen a súa sede, son os principais problemas ambientais desta conca. Ademais, a propia presa dificulta a supervivencia de especies migradoras como o salmón e nas súas augas proliferan outras alóctonas como o black-bass ou, hai xa unha década, o cangrexo vermello americano, un caso que deu lugar a que se liberalizase a pesca dentro do encoro para que a propia cidadanía axudase a acabar con esta especie invasora.

Ver: esta conca fluvial conta con espazos naturais de gran interese, como o LIC Encoro de Abegondo-Cecebre ou a parte que se conserva da antiga Fraga de Cecebre,  que son a nosa principal recomendación. A Aula da Natureza de Crendes e o observatorio de aves, en Abegondo, ofrecen a oportunidade de coñecer de primeira man toda a información sobre o LIC. A moi pouca distancia do dique da presa de Cecebre atópase a casa-museo de Wenceslao Fernández Flórez, Villa Florentina, lugar onde o autor viviu e desenvolveu boa parte da súa actividade periodística e literaria. A Estatua dos Mártires, en Carral, a Torre de Cela, en Culleredo, ou o igrexa de Santa María do Temple, en Cambre, son outros dos lugares que vale a pena coñecer na nosa visita ó contorno deste curso fluvial.

Chegar: a AP-9 e a N-550, que une as cidades de Santiago e A Coruña, son as mellores opcións para achegarse ata a parte baixa da conca do Mero, dende onde se pode acceder fácilmente ata as demais zonas ribeireñas a través de estradas provinciais e locais como a AC-221, que pasa pola presa de Cecebre.

Comer: os peixes de río, como a troita ou a anguía, son algúns dos produtos máis destacables da gastronomía dos concellos ribeireños, xunto con outros manxares como o queixo do país ou o pan, moi afamado o do concello de Carral.

Aloxamento: os concellos da desembocadura do Mero, pertencentes á área metropolitana da cidade da Coruña, ofrecen unha ampla oferta de hoteis, hostais e pensións para facer noite na zona.

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS