Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 19 de 163] noticia anterior de Galicia ambiental Galicia » Galicia ambiental| noticias@galiciaambiental.org

Galicia Natural

Cursos fluviais de Galicia: o río Sil

11.03.2011  O río Sil nace na Cordilleira Cantábrica, na provincia de León, e desemboca no río Miño, no lugar de Os Peares, despois de percorrer diferentes pobos como os de O Barco de Valdeorras, A Rúa, Nogueira de Ramuín ou Parada de Sil, na parte ourensá, e Quiroga, Ribas do Sil ou Sober, na lucense

4.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

O Sil, compartido entre Galicia e León, é o principal afluente do Miño, con máis lonxitude e maior caudal que este, o que da pé ó coñecido dito de que “o Miño leva a fama e o Sil a auga”.

 

As súas ribeiras son lugar único para o cultivo da vide, berce do “mellor viño blanco do mundo” para moitos: o Godello, na comarca de Valdeorras, e a un dos caldos tintos preferidos polos romanos: o Mencía, bebida que xunto co ouro, despertou nos seus tempos o interese de Roma por esta zona do río. As Serras de Enciña da Lastra, dos Cabalos ou do Courel, son algúns dos espazos naturais que o rodean pola súa cara norte.

Este río non é un dos máis axeitados para a pesca, posto que é unha sucesión de presas e aproveitamentos eléctricos que só permiten facelo ó curricán nos encoros, nalgúns dos cales se poden pescar enormes troitas, establecéndose o récord nun exemplar de 12,800 kg. Ademais desta especie, nas súas augas hai tamén presenza de boga, cacho e reñosa, así como outras alóctonas entre as que destaca o black-bass. Aínda que non conta con coutos de pesca, son dignos de nomear pola súa importancia os de afluentes como o Lor ou o Cabe.

Os principais riscos ambientais do Sil son os derivados dos continuos encoros construidos no seu curso, sendo un dos que maior número de aproveitamentos hidroeléctricos presenta. Este feito somete ó río a unha insoportable presión que mermou ata o límite a súa riqueza piscícola e que provoca problemas incluso co seu caudal. A introdución de especies alóctonas nalgúns destes encoros, como o mencionado black-bass, é outro dos seus riscos ecolóxicos.

Ver: a beleza da paisaxe é o maior potencial desta zona de Galicia, por iso a nosa recomendación é visitar o Canón do Sil, nomeadamente en catamarán dende os embarcadoiros de Doade, Parada de Sil ou Ribas de Sil, percorrido no que se poderá desfrutar das espectaculares vistas das plantacións de viñedo en bancais que poboan as ladeiras das montañas e que son un dos maiores símbolos desta terra, coñecida polos seus  viños. Os miradoiros, como o de Santiorxo e o de Cadeiras, no concello lucense de Sober, o de Vilouxe, no ourensán de Nogueira de Ramuín, ou o coñecido co nome de "Os Balcóns de Madrid”, no termo municipal de Parada de Sil, ofrecerannos espectaculares vistas da zona.  Outros dos puntos de interese son as igrexas e mosteiros, como o de Santo Estevo, en Nogueira de Ramuín, mostra magnífica do románico galego e visita obrigada para todos os que se acheguen ata este fermoso espazo natural. Montefurado, un túnel aberto na montaña polos romanos no século II, en tempos do Emperador Trajano, para desviar o río Sil e poder extraer o ouro que este arrastraba pola súa conca orixinal, é outro dos lugares de visita obrigada deste curso fluvial.

Chegar: o acceso máis sinxelo é a través da estrada OU-536 que une A Rúa con Ourense. A N-120, entre Ourense, Monforte e A Rúa tamén nos permitirá acceder a tramos tan interesantes deste curso fluvial como a súa desembocadura no Miño ou Montefurado. Un acceso máis que recomendable é a estrada LU-601, que une Monforte con Castrocaldelas, pasando polo embarcadoiro de Doade, os cultivos en bancal de uva Mencía e permitindo dúas visitas espectaculares en ambas as vilas: os seus castelos.

Comer: os produtos do río foron perdendo peso na cociña da zona debido ó deterioro do curso fluvial a causa das numerosas presas. Non obstante, as carnes, as castañas ou os doces, como a rosca de Sober, xunto cos seus afamados viños configuran os principais reclamos da súa gastronomía.

Aloxamento: a abundante oferta de casas de turismo rural, tanto na parte ourensá como na lucense, é a nosa mellor recomendación para facer noite nesta zona do interior galego.

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS