Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 52 de 163] noticia anterior de Galicia ambiental Galicia » Galicia ambiental| noticias@galiciaambiental.org

Galicia Natural

Pena Trevinca, o pico máis alto de Galicia

02.07.2010  O Macizo de Pena Trevinca, situado no sudeste da provincia de Ourense, alberga o pico máis alto de toda a comunidade e que recibe o mesmo nome

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Trátase dun espazo natural que foi declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC) e que se extende polos concellos de A Veiga, Manzaneda, O Bolo, Viana do Bolo e Carballeda de Valdeorras. Ademais, Pena Trevinca conta con outras figuras de protección como o de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e forna parte da Rede Natura 2000. Pena Trevinca está delimitada polas Serras de Cabreira e do Eixe, así como polo río Bibei, ó sur, e polo Sil, ó norte, ademais do Xares, que atravesa este macizo ourensán.

A auga é un dos maiores atractivos de Pena Trevinca, onde o río Xares e os seus pequenos afluentes conforman numerosos lugares con encanto como varias lagoas e encoros, mostra dos elementos de orixe glaciar que existen na zona. As covas formadas nas rochas deste macizo montañoso son outros dos elementos típicos do lugar, como a “Cova dos escapados” ou “O Cubo”.

A flora de Pena Trevinca está composta por prados silíceos e exemplos de mato mediterráneo, que comparten espazo con montes formados por castiñeiros, carballos e, sobre todo, teixos. Neste apartado cabe mencionar o Teixedal de Casaio, no concello de Carballeda de aldeorras, un reducido grupo de trescentos teixos centenarios que forman un bosque único en Europa.

En canto á fauna, neste recuncho da provincia ourensá consérvanse exemplares de aves ameazadas a nivel global, como a charrela, e tamén as únicas poboacións en Galicia doutras especies como a azulenta alpina ou a papuxa tomiñeira, así como a principal de abellaruco. Ademais, áchanse numerosas rapinas como o miñato abelleiro, a aguia cobreira, a aguia real, o falcón peregrino ou o bufo real. Os réptiles, como a lagarta rabuda, o lagarto das silveiras ou a píntega rabilonga, e os mamíferos, como os morcegos, a lontra, o lobo ou o corzo, son outras das especies animais con maior presenza en Pena Trevinca.

Non é extraño contemplar na zona cervos ou carneiros bravos (muflóns), ocasional e repetidamente fuxidos dun coto de caza privado e cercado, cuxa xestión ten merecido en varias ocasións críticas polos riscos ambientais que pode supoñer tanto a importación de animais como as propias cercas que poñen "portas ó campo" no municipio de A Veiga.

Os maiores perigos ambientais que rodean a esta zona de especial interese natural son os incendios forestais, moi numerosos durante a época estival e favorecidos polas altas temperaturas que soporta a provincia. Ademais, trátase dunha zona cunha importante actividade mineira e extractiva, principalmente de lousa, que tamén afecta á conservación deste espazo natural.

Ver: na visita a Pena Trevinca non se deben deixar de ver as lagoas de orixe glaciar que se atopan no pobo de Xares, no concello de A Veiga. Situadas a máis de 1.600 metros de altitude, a Lagoa da Serpe e a do Celo son as máis importantes e, nos meses de inverno, coas baixas temperaturas, ofrecen unha estampa única coa súa superficie totalmente xeada. Sobre a primeira destas lagoas existe unha lenda coñecida no pobo, segundo a cal todas as noites de San Xoan, e dende "os tempos dos Mouros", aparece sobre un penedo á beira da lagoa unha fermosa princesa que durante o resto do ano permanece convertida en serpe, xa que polo momento, nigún mozo foi quen de superar o medo de vela convertida en serpe e de romper o encantamento. A Rede de Museos Etnográficos de A Veiga é outro dos atractivos da zona. Formada por antigos teares, forxas e muíños permitiranos coñecer unha forma de vida tradicional e os antigos oficios hoxe en día xa desaparecidos. O paseo fluvial do embalse de Prada ou a Aula da Natureza de O Coiñedo, inaugurados o pasado ano no concello de A Veiga, son outra das opcións para desfrutar do tempo libre na zona de Pena Trevinca.

Chegar: na estrada comarcal OU-533 A Rúa-A Gudiña, tomar o desvío cara A Veiga e dende alí pódese chegar ata Xares por estradas locais. Outras opcións serían dende O Barco de Valdeorras, pola OU-121 ata o encoro de Prada (A Veiga), ou por Sobradelo (Carballedo de Valdeorras) desviándose pola OU-122 en dirección a Casaio.

Comer: os produtos derivados do porco, como as androias ou os chourizos ceboleiros, e os derivados da caza e da pesca, especialmente as troitas do río Xares e os seus afluentes, son os manxares típicos de Pena Trevinca. No apartado dos doces cabe destacar a bica e as filloas. Pero sen dúbida, o produto estrela desta zona de Ourense é a castaña, que se pode consumir soa (crúa, cocida ou asada) ou como acompañamento en diferentes pratos.

Aloxamento: a nosa recomendación son as casas rurais da zona, moi abundantes no concello de A Veiga, a un paso de todos os lugares de interese do Macizo de Pena Trevinca e cunha ampla oferta de actividades en plena natureza ourensá.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS