Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 54 de 163] noticia anterior de Galicia ambiental Galicia » Galicia ambiental| noticias@galiciaambiental.org

Galicia Natural

A Serra do Invernadeiro, un tesouro ecolóxico

11.06.2010  A Serra do Invernadeiro é unha área montañosa situada no centro da provincia ourensana e que forma parte do Macizo Central Ourensán, enmarcada no concello de Vilariño de Conso, na comarca de Viana, e lindando coas de Terra de Trives e Verín. Foi declarado Parque Natural o 5 de xuño de 1997 e conta ademais con outras figuras de protección xa que é Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria. As localidades de referencia para a zona son Laza, Verín e Vilariño de Conso.

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena regan estas terras, que contan cun alto interese xeomorfolóxico e paisaxítico e posúen unha enorme riqueza faunística e botánica. O pasado máis remoto, no que os glaciarismos eran os protagonistas, deron como froito a orografía predominante neste recuncho da provincia ourensana. Nel sucédense os vales e as altas cumes redondeadas dende as que é posible observar un circo glaciar e a caída de varias cascadas dende o alto dos barrancos.

Ó longo do parque podemos observar fragas e carballeiras, xa que os carballos son a especie máis abundante nas serras que conforman esta paisaxe. O carballo albar e o carballo meloxo conviven, froito da confluencia do clima continental e mediterráneo. Ademais, mestúranse con castiñeiros e outras especies vexetais como o teixo, o acibro ou o abruñeiro.

En canto á fauna predominante no Invernadeiro, unicamente as especies salvaxes habitan esta zona, xa que non hai poboacións humanas nin explotacións gandeiras en todo o parque. Os lobos, os corzos ou os xabaríns mestúranse con outros animais coma os cervos, as lontras, os teixugos ou os armiños. O leirón gris atopa no Invernadoiro o seu límite meridional de distribución en España. Destaca tamén a presenza doutros animais como, por exemplo, a garduña ou a marta. As instalacións da Xunta de Galicia nesta zona serviron para realizar os traballos de reintroducción en Galicia (fundamentalmente no Xurés e Invernadeiro) da ata agora esgotada cabra montés (Capra pyrenaica).

En canto ós perigos ambientais do Invernadeiro destacan os continuos lumes sufridos na zona, que favorecen a extensión de especies como o pino para a reforestación do terreo afectado polos incendios coa conseguinte diminución de biodiversidade das especies vexetais e a reducción das poboacións de exemplares autóctonos.
Outro risco relevante é a gran cantidade de furtivos que practican caza ilegal na periferia desta área, favorecido por unha escasa vixiancia da Administración.

Ver: para coñecer de cerca a riqueza natural da Serra do Invernadeiro a mellor recomendación é a Aula da Natureza, na Ribeira Grande, pensada para investigadores e estudantes.
Ademais, na zona existen varios observatorios de fauna, cercados cinexéticos de ungulados silvestres.

As rutas de sendeirismo a través do Parque Natural son unha ocasión única para coñecer de primeira man os recunchos máis escondidos de espazo singular. Os restos arqueolóxicos da zona reflicten a existencia dunha civilización antiga con indicios da existencia de dolmens, castros e restos romanos. Mostra delo é, por exemplo, o antigo campamento romano en Castelo de Cerveira, cerca do parque. Outra opción é a visita ó Museo Etnográfico de Vilariño de Conso, para coñecer de cerca as tradicións e a forma de vida desta zona da montaña ourensana.

Chegar: A autovía A-52 ou a estrada N-525 ata Verín son as vías de conexión co parque. Unha vez en Verín, hai que coller a estrada comarcal OU-114 ata Laza, desviandose ata Campobecerros. Dende este lugar accédese por unha pista forestal asfaltada ó parque natural, situado a uns 8 km ó norte. Para entrar, é necesario contar cun permiso escrito da Delegación Provincial de Medio Ambiente Natural de Ourense, que se concede a un máximo de 30 persoas por día, para efectuar percorridos a pé dentro deste espazo natural.

Comer: a carne de cabrito é unha das especialidades da zona, á que se lle adica unha festa propia no concello de Vilariño de Conso. O porco e os seus derivados, especialmente o chourizo e a androia (feita coa tripa gorda do porco e rechea de trozos de carne de porco e de costela) son algún dos produtos máis afamados do lugar, xunto coa bica, o postre por excelencia destas terras ourensanas.

Aloxamento: aínda que non son abundantes, na comarca de Viana existen algunhas casas de turismo rural, así como hoteis e pensións, que representan unha opción moi acertada para poder facer noite na zona.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS