Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 49 de 163] noticia anterior de Galicia ambiental Galicia » Galicia ambiental| noticias@galiciaambiental.org

Galicia natural

Sobreirais do Arnego, o encanto dun curso fluvial

30.07.2010  Este Lugar de Importancia Comunitaria está situado na parte centrooeste de Galicia e abrangue os concellos de Agolada, Lalín e Vila de Cruces, todos eles pertencentes á comarca do Deza, na provincia de Pontevedra

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Trátase dun espazo protexido dunhas 1.080 hectáreas situado a ámbalas dúas marxes do río Arnego, afluente do Ulla, e que conta tamén coa denominación de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.

Os sobreirais do Arnego son unha das zonas máis impresionantes que se atopan ó longo do curso deste río, que nace na Serra do Faro, en Rodeiro, e vai a desembocar no pantano de Portodemouros, aproveitamento hidroeléctrico construido no curso do río Ulla. Este espazo natural alberga lugares incomparables para a práctica da pesca, para o baño ou para a contemplación. Dende as cumes que rodean a ribeira do río, como Pena Cuntín, na cima da Serra de Órrea, na parroquia que leva o mesmo nome, pódense obter impresionantes vistas da zona central de Galicia, dunha parte do curso do Ulla e dos vales e as cimas que conforman os municipios ribeireños desta conca fluvial.

Os sobreirais do Arnego constitúen un claro exemplo de fraga atlántica. A vexetación deste espazo natural está dominada por especies arbóreas entre as que destacan as sobreiras, que lle dan nome, e os carballos, podendo chegar a alcanzar algún destes exemplares os 25 metros de altura.

En canto á fauna, existe unha ampla representación de avifauna nidificante entre a que destacan especies como o bufo real, a tartaraña cincenta, o falcón pequeno, o falcón peregrino, o moucho de orellas, o lavanco, a avenoiteira cincenta ou o picapeixe. Entre as especies do río hai que mencionar as poboacións de boga e de vermella. A toupeira de auga, os morcegos, a lontra, a píntega rabilonga ou o lagarto das silveiras son outras das especies con maior presenza nos sobreirais.

Ver: a nosa recomendación pasa por facer unha visita ás parroquias de Toiriz, Brántega, Val, Baíña, Berredo ou Borraxeiros, onde existen numerosas representacións arquitectónicas que vale a pena coñecer, como o pazo situado nesta última parroquia e que leva o mesmo nome. Os muíños son outro dos principais atractivos do lugar, distribuidos ó longo da conca fluvial e en razoable estado de conservación, pese ó abandono que sofren. A área recreativa de Carmoega, o embalse de Portodemouros ou a hermita de Santo André, en Órrea, son outros dos lugares máis interesantes da zona.

Chegar: as estradas que unen Lalín e a parroquia goladense de Brántega e Agolada – Vila de Cruces, que tamén pasa pola citada parroquia, son as vías que atravesan este espazo natural. Ámbalas dúas estradas discorren por riba do Arnego en sendas pontes, lugares de partida recomendables para a visita ó sobreiral.

Comer: as carnes son os maiores atractivos da gastronomía da zona. O porco e os seus derivados, protagonista do cocido lalinense e dunha festa propia no concello de Agolada, ou o galo de curral, que tamén protagoniza unha festividade de seu no concello de Vila de Cruces, son dous dos máximos expoñentes da cociña desta comarca, xunto con postres tan típicos como as filloas.

Aloxamento: as casas rurais abundan en toda a zona, tanto en Lalín como en Agolada ou en Vila de Cruces, e son unha das mellores opcións para descansar e visitar este fermoso espazo natural.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS