Domingo 26.05.2013
| Actualizado 00.00
Hemeroteca web
|
RSS
Naceu o 14 de maio de 1967 en Taboada (Lugo), está casada e ten dous fillos. Realizou estudos de Ciencias Empresariais na Facultade de Empresariais de Vigo e está colexiada no Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Foi administradora da empresa familiar entre os anos 1987 e 1990, e traballou como locutora de Radio Faro Chantada entre 1990 e 1999.
Susana López Abella é vicesecretaria executiva e voceira de Benestar Social do PP de Galicia, ademais de membro do Comité Executivo Provincial do PP de Lugo e presidenta do PP de Chantada.
Foi concelleira de Cultura e Relacións Institucionais e Tenente Alcalde no Concello de Chantada entre os anos 1999 e 2003, e deputada no Parlamento de Galicia desde a VI Lexislatura.
Nesa lexislatura, foi voceira adxunta 3ª do Grupo Popular, presidenta da Comisión da Mocidade, voceira na Comisión de Igualdade e Dereitos da Muller, voceira de emprego na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego e secretaria na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos.
Na VII Lexislatura foi voceira de Traballo, Muller e Igualdade do Grupo Popular, vogal nas comisións Institucional, Sanidade, Política Social e Emprego e de Relacións co Consello de Contas.
