Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 05.04.2009 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 7 de 14 noticia anterior de Gente y comunicación Gente y comunicación | sociedad@elcorreogallego.es

historia

Baía Edicións publica o libro 'Tres mulleres galegas de armas tomar'

Guillermina Domínguez Touriño e Patricia Estévez Salazar, as autoras, tentan desbotar olladas patriarcais sobre as figuras de María Balteira, María Castaña e María Soliña

M.D. • SANTIAGO
A- A+

"Non se pretende facer historia 'compensatoria' falando destas tres mulleres concretas, senón de reivindicar a visibilidade das mulleres no devir histórico igual que aquilo de que 'o pobo que non coñece a súa historia está condenado a repetila'.

E isto poderiamos estendelo á historia social, á historia das mulleres como parte integrante dunha sociedade que, por diversos motivos, as silenciou". Guillermina Domínguez e Felicia Estévez, autoras de Tres mulleres galegas de armas tomar. María Balteira, María Castaña e María Soliña, explican, así, o obxectivo deste libro, presentado esta semana en Santiago.

Editada por Baía, a obra pretende "reivindicar" as vidas das tres Marías que a protagonizan, as súas "fazañas e movementos", que "fará que as mulleres contemporáneas teñan referentes máis que suficientes para seguir o camiño da igualdade como cidadás de pleno dereito", segundo salientan as autoras na introdución deste ensaio.

Guillermina Domínguez, historiadora e profesora, e Felicia Estévez, filóloga e tamén docente, empregan como fontes, ademais de bibliografía, documentos históricos que consultan en arquivos ou cantigas medievais, entre outras. Segundo elas mesmas contan, a súa idea non era facer unha profunda investigación, senón só "transmitir o pulo que mulleres coma elas lle deron á mesma historia, o que loitaron, o que sufriron" por ser mulleres.

A obra, estruturada en tres partes, comeza cada unha delas cunha reflexión sobre a vida das mulleres no tempo que a cada unha das protagonistas lles tocou vivir: o século XIII para María Balteira, o XIV para María Castaña e o o paso do XVI ao XVII para María Soliña.

As autoras contrastan a interpretación que as fontes ofrecen sobre as tres Marías coa súa propia, tendente a desbotar os mitos que a ideoloxía patriarcal puido crear sobre as tres protagonistas.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS