Martes 30.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 15 de 17]noticia anterior de Gente y comunicación Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es  |  RSS - Gente y comunicación RSS

tribuna libre

A batalla do paraíso triste

3.7/5 [3 Voto/s]

Atrás Imprimir Recomendar Aumentar texto Reducir texto

FRANCISCO MARTÍNEZ BOUZAS

Conta Xosé Ramón Pena que, ao investigar o espazo e o tempo no que contextualiza a súa última novela, achou que Saint-Exupéry estivera en Lisboa antes da súa partida cara a América. Alí descubriu que, malia a pantalla de falsos ouropeis coa que a ditadura salazarista tentaba agachar a realidade de Portugal, Lisboa era un paraíso, pero non un edén ditoso, senón un paraíso triste. Deste xuízo do escritor francés, tomou o narrador betanceiro o título para a novela que acaba de saír a rúa da man de Xerais. Lisboa, a cinsenta, ambigua e á vez brillante e fermosa capital dun país niño de espías e intrigas internacionais durante a II Guerra Mundial, sérvelle ao escritor para ambientar e situar a acción d­unha excelente novela que tira do lector desde a primeira liña. Porque, cando o fragmentarismo ou os trebellos metaficcionais comezan a nos empachar, Pena volve ás canles da novela de sempre e cóntalle ao lector unha verdadeira historia, que racha cos lindes xenéricos e sutura en doses equilibradas, elementos da novela de acción, da novela negra, de espionaxe e o thriller sentimental, actuando a intriga como fío que turra constantemente da atención lectora.

A trama argumental lévanos á Lisboa de 1940 e 1941. Son tempos difíciles e ambiguos nunha cidade niño da espionaxe internacional, mentres Europa arde baixo as chamas da Guerra. Á cidade regresa o principal protagonista, Fernando Freitas, oficial portugués para se embarcar para América. Alí encóntrase co seu antagonista, o maior Pimenta que descobre a súa verdadeira identidade; coa antiga amante, a actriz de revistas Catarina Gusmão e, sobre todo, cunha organización que controla o ouro que os alemáns lles roubaban aos xudeus. O relato ten un final inesperado á beira do Miño no que Oliveira Salazar está a piques de afogar nas augas fronteirizas.

Pena conxuga con habilidade elementos históricos, como tal a presenza dos seguidores do movemento ultrafascista portugués Rolão Preto, que pretendera anexionar Galicia durante a Guerra Civil, cunha rede argumental enteiramente ficcional. Mais a ficción é o grande marcador semántico que somete ás súas leis acontecementos e personaxes historicamente verificables. Endalí que A batalla do paraíso triste é unicamente ficción, unha novela que ilustra fermosamente un retallo da historia portuguesa. Cun estilo limpo, áxil e natural e un ritmo fluído, o narrador conta unha verdadeira historia que racha cos xéneros.

A novela consolida definitivamente, se aínda non o estaba, un soberbio narrador, que sabe resistir as urxencias de publicar cada ano, pero que, na miña estima, non está sendo valorado como cumpriría. Estamos nun intre no que o sistema literario galego e o aparello promocional dalgúns dos seus axentes máis importantes decidiron apostar, quer pola cota da discriminación positiva, quer por puro marketing, por caras máis novas e máis bonitas. Pero a fermosura e a novidade, nestes eidos literarios, non son sinónimo de calidade e as modas son sempre efémeras e pasaxeiras.

Chuza esta noticia A batalla do 
paraíso triste
Añadir a Menéame la noticia A batalla do 
paraíso triste
Añadir a Del.icio.us la noticia A batalla do 
paraíso triste
Añadir a Yahoo la noticia A batalla do 
paraíso triste
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS