El Correo Gallego

Noticia 2 de 26 noticia anterior de Gente y comunicación Gente y comunicación | sociedad@elcorreogallego.es

o sábado

Braga acolle un novo encontro de intervención 'Galiza em trâmsito'

A idea basease no concepto de intercambio entre Galicia e Portugal no eido das artes // Haberá poesía, música e danza // A organización destaca a enorme receptividade ás distintas mostras da cultura galega no país veciño

MARGA TOJO • SANTIAGO
A- A+

Gallego
A banda santiaguesa The Homens estará no encontro galaico luso que se celebrará de Braga
FOTO: Gallego

Disque contra aquelo que se adoita denominar autoodio non hai nada mellor que o autocoñecemento. E este pasa, para moitos, por transcender a fronteira, onde Galiza, medra naturalmente cara a abaixo, recuperar as grafías, ser vasos comunicantes cun exterior fecundo, que é a epiderme común, senón a víscera ou algún outro órgano vital para a supervivenza. Así, con esta idea interarraiana na testa, naceu o proxeto de intervención cultural Galiza em trânsito, que este sábado celebra a súa segunda edición en Braga.

Entre as actividades da intensa xornada destacan a presentación da exposición Terra incógnita de Francisco Ameixeiras; unha palestra de Poesia galega: com a participação de João de Bonaval, Susana Arins e Carlos Quiroga; os espectáculos de danza Cos pés na terra (e só na terra)' a cargo da companhia C2; o concerto do grupo compostelán The Homens; as roturas visuais de The Chemical Orange.

A idea baséase no concepto de intercambio, tendo como principais espazos a Galiza e Portugal, dous países que, deben ir de mans dadas na producción e proxección da sua cultura. Este intercambio continua com uma festa galega em Braga "e esperamos que serva para abrir canais de comunicación que se manteñan no futuro", comentan os seus creadores, os galegos Óscar Senra, Raquel Miragaia e Inês Rodo.

"A sociedade portuguesa é mais receptiva à cultura galega do que pensamos, só temos que impedir que as comunicacións de tipo oficial ocupem todos os espazos; a sociedade galega precisa sair um pouco de si mesma e reconhecerse noutras realidades e, sobre todo, goberne quem goberne, ten que abrir novos espazos comunicativos", engaden.

cultura@elcorreogallego.es

AS ORIXES

A biblioteca Anna Politkovskaya

Nado no ano 2008 como proxeto da Biblioteca Anna Politkovskaya, da Gentalha do Pichel, o proxeto desenvolveuse o ano pasado no vangardista local Maus Hábitos do Porto, con actividades que foram apresentadas na FNAC de Santa Catarina co obxetivo de conseguir financiamento para dotar a biblioteca de fondos en galego-português. De feito, foi a través desa edición do Galiza em Trânsito como o grupo galego Marful fragou a súa popularidade no estado veciño .