El Correo Gallego

Gente y comunicación | sociedad@elcorreogallego.es

A RAG debaterá en abril a publicación dun novo informe sobre o decreto

REDACCIÓN • SANTIAGO   | 17.03.2010 
A- A+

A Real Academia Galega (RAG) debaterá no seu próximo plenario de abril a publicación dun informe sobre o anteproxecto do decreto do Galego. A decisión depende do plenario da institución, que se reunirá nunha data aínda sen fixar. Sería a segunda ocasión na que a RAG analiza as sucesivas propostas da Xunta para recambiar o decreto do Bipartito. O primeiro informe foi a petición de Núñez Feijóo, e tiña como arrinque as bases dun borrador, reformadas recentemente e presentadas o pasado sábado polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez. Agora, segundo anunciou o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, realizarán o informe por iniciativa propia. "Se a cousa sigue polo camiño que vai, a Academia terá que facer algún comunicado", subliñou. Desde o seu punto de vista persoal -"e non son portavoz de ninguén", especifica- "creo que a filosofía que inspira o anteproxecto non mudou moito da das bases anteriores e a min paréceme que non é a correcta".