Miércoles 22.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
O lexendario grupo Fuxan os Ventos estarán de novo sobre os palcos, desta vez coa actuación no Teatro Colón de A Coruña mañá, sábado, 6 de marzo, (21.00 horas) dentro do ciclo XACOBEO RAÍCES. O grupo trae ó escenario o espectáculo Terra de Soños, que agora chega á cidade herculina despois de ver a luz en formato CD-DVD.
Na súa aparición Fuxan os Ventos conta co acompañamento dunha banda dirixida por Xosé Lois Romero, artífice tamén dos arranxos instrumentais para este proxecto, e, neste caso concreto tamén coas colaboracións dalgúns dos nomes máis senlleiros da música galega: Uxía, Xabier Díaz (Berrogüetto, Nova Galega de Danza), Guadi Galego (Berrogüetto, Nordestinas), Pepe Ferreirós (Milladoiro), Rodrigo Romaní (Milladoiro), Nova Galega de Danza, Miguel Lustres e Sabela.
Con oito discos editados e una traxectoria de máis de trinta anos, Fuxan os Ventos xa traspasou fronteiras e xeracións. Porén, o recoñecemento e a posta en valor da súa achega á cultura galega, dende una visión renovada e actualizada, é hoxe cando se presentan máis que necesarios.
