Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

parlamento

Agadic admite un recorte de 780 mil euros en transferencias de capital

02.12.2009  Os populares critican a xestión cultural do Bipartito e acúsano de deixar 2,6 millóns de débeda // O BNG acusa a Fasero de "manipular" e de tapar a súa "falta de xestión"

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E. PRESS • SANTIAGO

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos Fernández Fasero, denunciou onte que o Bipartito deixou unha débeda de 2,6 mi­llóns de euros nesta institución, ante o que deputada nacionalista Ana Pontón o acusou de "manipular" e de tratar tapar a súa "falta de xestión" neste ámbito.

A discusión produciuse no seo da Comisión 4 de Educación e Cultura, na que o deputado popular Ignacio López Chaves se amosou moi crítico co bipartito e a xestión, en concreto, da "Consellería de Cultura do BNG", o que motivou o malestar nos asentos nacionalistas por facer "oposición da oposición". En resposta ao parlamentario do PPdeG, o director de Agadic explicou que a débeda cando accedeu ó novo goberno ascendía a 2,6, dos cales 826.000 euros se corresponden con débedas pendentes de pagamento. "Non naceu con bo pé", constatou na súa intervención. Así, explicou que dende que ocupa o seu posto de director da axencia, saneáronse as débedas, "aínda que segue habendo problemas de xestión interna", que atribuíu á ausencia de estatutos na institución. Neste sentido, botoulle en cara ó BNG que non desenvolvese esta cuestión en nove meses, ante o que Pontón lle recordou que agora goberna el.

O director do Agadic apuntou que, na actualidade, existen 800.000 euros aínda pendentes por pagar e que as previsións que manexan é deixar esta cifra "a cero" este ano ou, polo menos, "ao mínimo posible".

Pontón criticou que haxa que escoitar na comisión que o PP faga "oposición da oposición e falsee a realidade" e interrogou o alto cargo da Xunta acerca de se reduciu o orzamento de Agadic para 2010. Fasero admitiu que se produciu unha redución "como consecuencia do plan de austeridade" da Xunta, que ascendeu a 1.090.000 euros. Esta minoración produciuse no capítulo II -de gastos bens correntes e servizos- de 274.000 euros; no capítulo IV -transferencias correntes- 35.000 euros; e capítulo VII, de transferencias de capital, que suma 780.000 euros. Ademais, indicou de que en 2008, o Centro Coreográfico Galego recibiu 1.180.000 euros, mentres que este ano o montante se reduciu a 779.000 euros.

DISCUSIÓN

Chaves fala dun "pufo millonario"

Segundo o deputado do Partido Popular Ignacio López Chaves o goberno bipartito realizou unha "ineficaz xestión" e que esta se baseou, u­nha vez pasadas as eleccións do 1 de marzo, na "política de terra queimada", acusando o BNG de "mala xestión deliberada e de deixar un pufo millonario" na Agadic. Pontón protestou ante a presidenta da comisión pola intervención de López Chaves, quen tería que, ao seu xuíxo "dirixir a súa pregunta ao Goberno" .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS