Miércoles 22.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Introducción al concocimiento de la arquitectura é o título da última publicación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), escrita e de- señada polo arquitecto e profesor da Escola Superior de Arquitectura da Coruña Fernando Agrasar. A obra -dirixida a interesados, estudantes e profesionais- é profusa en debuxos, imaxes e planos a distinta escala que animan o lector a gozar da arquitectura, e quere ser unha ferramenta que facilite o acceso a novas lecturas e reflexións.
De carácter divulgativo, o libro é o resultado dunha longa experiencia docente, ademais da revisión de moitas notas reunidas durante dez anos. "Preténdese unha aproximación docente á complexa natureza da arquitectura", apunta Agrasar, quen entre outras análises destaca as achegas á arquitectura galega do Estado das autonomías, pero tamén as súas fraquezas. "O lado menos amable deste proceso foi a evolución das cidades que, salvo honrosas excepcións, foron abandonadas aos intereses especulativos, que as entenderon como un simple ben de cambio, que non de uso", matiza neste senso. O volume prológao o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Celestino García Braña.
Fernando Agrasar Quiroga (Vigo, 1963) é arquitecto desde 1989 e comezou o seu labor docente e investigador na ETS de Arquitectura da Coruña en 1990, na que na actualidade é profesor titular de Composición arquitectónica.
