Martes 17.06.2008
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Cabada, esqda, Xulio Correa, Varela, Durán, Raquel López y Alcalá FOTO: Xoanma Porto |
Era a primeira vez que asistía ao espectáculo de Sabucedo. E non fallou. Alfonso Durán (Barcelona, 1978), recollía onte na Estrada o premio do II Certame Fotográfico Internacional Rapa das Bestas, dotado con 6.000 euros. O fotógrafo, afincado en Vigo, foi o elixido polo xurado desta segunda edición, á que presentou a serie titulada A lenda do tempo, onde narra con maestría un dos momentos cumbre da tradición estradense, o curro.
Durán agradecía o premio que lle entregou o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, nun acto co tamén se inauguraba a mostra con outros nove traballos seleccionados, os de Pablo González-Cebrián; ;atían Matías Ramos; Javier Fernández Ferreras; Roberto de la Torre; Ramón Vaamonde; Carlos Cazurro, Javier Amosa, Fernando García e Ralf Pascual.
A exposición estará na sala Caixanova da Estrada ata o 4 de xaneiro e viaxará o vindeiro mes a Pontevedra. Tamén formará parte do programa do Museo do Pobo Galego. O catálogo conta co prólogo de Xabier Alcalá. O certame, convocado pola Xunta e a concellería de Turismo de A Estrada, supón un novo pulo na internacionalización da Rapa de Sabucedo. O estradense Marcos Míguez estrenou a lista de gañadores o pasado ano.
