Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

libros

As editoras galegas, á procura de novos mercados en Suramérica

08.12.2009  Kalandraka creará, neste 2010, un novo selo en Brasil para avanzar na súa proxección internacional e no seu "proxecto plurilingüístico" // Con Nova Galicia, Do Cumio e a AGE participou na Feira do Libro de Guadalajara

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E. PRESS • SANTIAGO

Sinatura do acordo para a creación do novo selo Kalandraka Brasil
Sinatura do acordo para a creación do novo selo Kalandraka Brasil

As editoriais galegas buscan novas oportunidades de negocio no continente americano, entre as que destacan Kalandraka, que en 2010 creará o selo Kalandraka Brasil; Nova Galicia, que busca distribuidores en Centroamérica; e Do Cumio, cuxa distribuidora, Arnoia, asistiu por primeira vez á Feira Internacional do Libro (FIL) de Guadalajara (México), co propósito de abrirse a novos mercados -Suramérica e Centroamérica-. Seguindo o "exemplo" de Kalandraka, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, considerou que os editores galegos "teñen que arriscar para dar ese salto", argumentando que existe un "tremendo potencial" creativo, polo que ofreceu a posibilidade de "camiñar de xeito conxunto a Administración e o sector editorial".

Para o director de Nova Galicia, Carlos del Pulgar, a vía principal para chegar a outros mercados é "editar en castelán", sen descartar o inglés e as traducións a outras linguas. Así, Nova Galicia edita en galego, castelán e inglés, e conta con traducións en holandés, brasileiro, portugués e mais búlgaro. No caso de Kalandraka, a editorial especializada en literatura infantil, produce os seus álbums nas cinco linguas peninsulares, máis inglés e italiano, ás que se suman as traducións a coreano, chinés, xaponés, francés e brasileiro. Coa creación dun novo selo en Brasil, Kalandraka aspira non só a "avanzar na súa proxección internacional e reforzar o seu proxecto plurilingüístico", senón tamén a "afondar na relación cos países lusófonos", explicou Xosé Ballesteros. Tanto para Kalandraka coma para Nova Galicia, o mercado internacional supón o 50 por cento da súa facturación, polo que ambas as dúas editoriais participan nas principais feiras internacionais do libro. Nova Galicia asistiu a FIL cunha axenda de traballo centrada en ampliar as súas vendas a Ecuador, Panamá, Nicaragua, Bolivia e Perú. Pola súa banda, Kalandraka -a través do seu selo mexicano Libros para Soñar- ocupou expositor propio por segundo ano consecutivo, situado ás portas da sección FIL Niños.

O resto da presenza galega na FIL centrouse no expositor conxunto da Consellería de Cultura e a Asociación Galega de Editores (AGE). Entre as actividades organizadas por esta delegación destacaron un taller de cómic impartido por Kiko Dasilva e Carlos Portela, os encontros que mantiveron os escritores Manuel Rivas, Fina Casalderrey e Alfredo Conde con estudantes e lectores mexicanos, e a mesa redonda entre editores galegos -Kalandraka, Do Cumio e Galaxia- e mexicanos -Sexto Piso, Almadía e Nostra Ediciones- sobre os retos da edición independente.

Neste foro, Xosé Ballesteros apuntou que as principais armas para "camiñar entre xigantes", con alusión á competencia cos grandes grupos editoriais, son "o valor da marca", dispoñer dun "catálogo coherente, atractivo e respectable" e establecer unha "política de alianzas" con selos afíns.

Ao comparar a situación do mercado do libro entre Galicia e México, o director de Galaxia, Víctor F. Freixanes, destacou que existen 430 librarías mexicanas fronte ás 300 galegas. "En Galicia prodúcense cinco libros diarios, o que non está nada mal", engadiu.

A meta

A meta, ser a "cultura convidada"

·· O presidente da AGE, Alfonso García, sinalou o obxectivo de Galicia ser a "cultura convidada" nesta cita profesional. "Hoxe en día xa temos cara ante as institucións oficiais das feiras internacionais do libro", explicou García, quen dá "case por conseguido" ese obxectivo .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS