Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

arte

Begoña Martínez logra a bolsa convocada por Feima-Fundación Laxeiro

29.11.2008  'Loops-Diarios' impúxose nun certame no que foron premiados Miguel Cuba e José Andrés Santiago

2.7/5 [6 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AGN • SANTIAGO

A viguesa Begoña Martínez Santiago resultou seleccionada para as Bolsas Feima-Fundación Laxeiro á creación artística co proxecto Loops-Diarios, unha proposta interdisciplinar que reflexiona sobre o cotián. Pola súa banda, o lucense Miguel Cuba e o coruñés José Andrés Santiago Iglesias foron os artistas galardoados con premios de adquisición por valor de 2.000 euros cada un.

Loops Diarios consiste nunha serie de videoinstalacións cuxo conxunto recrea os diferentes cuartos dunha casa. Próximo aos textos de Freud e aos poemas obxecto surrealistas e dadaístas o proxecto aborda "o cotián e o sinistro" a través de video-Loops combinados con obxectos.

De entre os 31 proxectos presentados, o xurado destacou de Loops-Diarios o interese na integración de linguaxes diferentes como a instalación e o audiovisual, así como unha clara vontade anovadora no tratamento dunha temática con certa tradición na historia da arte que, nesta ocasións é abordada cunha solución formal intelixente e fresca na que integra de forma natural o tratamento espacial propio da instalación coas novas tecnoloxías de información.

A bolsa está dotada cun premio de 3.000 euros máis 2.000 euros por adquisición de obra e 3.000 euros para a produción de obra. Ademais, o proxecto será incluído na programación da Fundación Laxeiro en Vigo e na da Fundación Feima.

Nada en Vigo en 1980, Begoña Martínez é Máster en Produción artística, con Matrícula de Honra na tese, pola Universidade Politécnica de Valencia e licenciada en arte e tecnoloxía pola mesma universidade. Ten unha dilatada experiencia no mundo audiovisual, como video jockey, ademais de ser Premio Nacional de arte gráfica Cidade de Xixón.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS