Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

arte

Briallos e Pontevedra danlle a man a París na pintura de Celso Varela

06.02.2010  O artista galego exporá os seus cadros, a partir do 16 de febreiro, na parisiense Galerie Leonardo // O creador acaba de amosar o seu traballo na Casa das Artes de Vigo

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

Celso Varela, que expón este mes en París, retratado ante os seus lenzos
Celso Varela, que expón este mes en París, retratado ante os seus lenzos

A nenez do artista, as paisaxes de Briallos e as cores da infancia, fíltranse aínda hoxe na obra de Celso Varela (Portas, Pontevedra, 1952). Ese suxestivo equilibrio entre a figuración e a abstracción -que medra dunha formación autodidacta, atenta ao que de emocional e instintivo hai no acto de pintar-, é o que poderá ver, a partir do vindeiro 16 de febreiro, quen se achegue ao vernissage da Galerie Leonardo de París.

A obra de Varela verase en París despois dunha importante exposición, celebrada na Casa das Artes de Vigo, predio no que os seus cadros conviviron coa importante exposición antolóxica de Maruxa Mallo. Dende a miña fiestra, título xenérico da mostra, recollía lenzos realizados por Celso Varela entre 2002 e 2009, na súa maioría óleos e pasteis. Unha selección desta última etapa creativa é o que ficará na galería parisiense de J. M. Leonardo de Sá, no 62 da rue d'Hautpoul. Paisaxes, retratos, bodegóns e interiores domésticos que -grazas ao catálogo da mostra Dende a miña fiestra, prologado polo crítico Tomás Paredes, Presidente da Asociación Madrileña de Críticos de Arte- chamaron a atención do galerista portugués, residente na capital francesa, e que se puxo en contacto co artista para acordar a produción da mostra de París. A exposición de Varela poderá visitarse até o vindeiro 13 de marzo.

 

O DATO

Unha antolóxica

·· Na aldea de Briallos e na vila de Pontevedra mantén abertos os seus obradoiros de pintura Celso Varela, que foi obxecto dunha antolóxica no Pazo da Cultura pontevedrés no ano 2006 .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS