Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

crise

Bugallo destitúe o seu número dous por oporse á privatización da CdC

07.11.2008  A conselleira de Cultura decidiu prescindir do seu secretario xeral, Carlos Alberto Amoedo, sen consultar con Anxo Quintana // Xosé Carlos Sierra, até agora delegado en Ourense, é a persoa elixida para substituílo

2.6/5 [9 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e o seu xa ex número dous, Carlos Alberto Amoedo, no Parlamento
A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e o seu xa ex número dous, Carlos Alberto Amoedo, no Parlamento

Ao último do Consello da Xunta de onte, cando todos os asistentes pensaban que concluíran os puntos do día, o conselleiro da Presidencia, Xosé Luis Méndez Romeu, anun­cioulles que había un asunto pendente: o cesamento de Carlos Alberto Amoedo, secretario xeral de Cultura e o segundo do departamento da nacionalista Ánxela Bugallo. Os conselleiros non puideron reprimir un xesto aloulado, sobre todo os do BNG, que non tiñan nin a máis mínima idea da decisión tomada pola súa compañeira de partido. Até o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na roda de prensa posterior ao consello, falou nun ton inusual "dunha perda de confianza" por parte de Bugallo e obviou os agradecementos a Amoedo polos servizos.

Con esta bomba política concluía de momento a cadea de desencontros entre a conselleira de Cultura e o seu segundo. A súa relación empezou tanteándose os caracteres. Ao igual que o resto do equipo de Bugallo -e de todas as consellerías nacionalistas-, o Bloque foi quen o designou para o cargo e non a conselleira.

Amoedo estaba vinculado a unha das familias do partido -Unidade Galega- e chegaba avalado pola súa traxectoria: publicara, como catedrático de Dereito Administrativo, varios libros contra os denominados chiringuitos da Administración e eses coñecementos servíronlle para desenvolver institucións singulares como a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da que foi o seu facedor xurídico.

O desencontro arrinca dos bosquexos de Bugallo para a Cidade da Cultura. En liña con outras correntes do BNG, Amoedo amosoulle o seu profundo desacordo pola creación dunha fundación que supoñía, na práctica, privatizar a xestión do polémico complexo do Gaiás, construído con cartos públicos. Esas continuas obxecións fartaron a Bugallo e deixouno á marxe de calquera decisión. El incomodouse co castigo e tomou a decisión de non serlle leal á conselleira pero de manterse fiel ao partido: regularmente, envíaballe ao BNG informes do que facía a súa xefa. Bugallo entrou en cólera ao descubrilo. Tratou de despedilo inmediatamente pero o vicepresidente Anxo Quintana esixiu paciencia. A case cinco meses das elecións, ésta agotouse e Bugallo cesouno sen avisar sequera a Quintana.

Xosé Carlos Sierra, un museólogo especializado en patrimonio etnolóxico e antropolóxico será o substituto. Até agora viña desempeñando a función de delegado da Consellería de Cultura en Ourense.

"O clan da Habana asume o control"

A destitución de Amoedo é interpretada polo PP como "un dos últimos estertores" dun departamento que "está a piques de autodesintegrarse" pola "sucesión de irregularidades" cometidas desde o inicio da lexislatura. O diputado López-Chaves asegura que coa sustitución de Amoedo por Sierra "o clan da Habana asume o control de Cultura" .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS