Lunes 22.03.2010  | Actualizado 01.24      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es  |  RSS - Gente y comunicación RSS

pan e coitelo

Sobre a catástrofe aérea

26.08.2008

2.3/5 [3 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XOSÉ MANUEL SARILLE ESCRITOR E PROFESOR

Nunha ocasión expuxen nesta columna unha teoría de fabricación caseira segundo a cal os principais motivos de sufrimento na nosa sociedade son a morte por accidentes, a exclusión dos vellos, a esplotación e a escravitude sexual que afectan a case medio millón de mulleres en España, e a pobreza absoluta, cada vez menos presente.

Observando a evolución destes problemas, confeso que Pere Navarro, o Director Xeral de Tráfico, fáiseme un tipo simpático entre a masa de políticos e altos cargos, aínda que aí atrás o pillaran no coche oficial a máis velocidade da permitida. Todo isto á marxe da súa afiliación política, crenzas, estado civil e costumes privados. A razón é que el e máis o seu equipo lograron conquistas indiscutíbeis, que se contan en vidas. Desde xullo de 2006 até o mesmo mes deste ano, morreron nas estradas españolas 1424 persoas menos.

O número de falecidos na catástrofe de Barajas é só o dez por cento desa cifra. Non se trata, ben claro está, de considerar exaxerada a dor que abranxe nestes días á poboación, mais o accidente pode servir para facer cálculos e comparacións moi interesantes. E tamén para observar como vai cambiando a percepción das responsabilidades entre os cidadáns. Aquí mesmo defendía eu hai moi poucos anos, que non se tratase igual a un rapaz de dezaoito anos que excedese a taxa de alcool que a unha persoa de cincuenta, porque as consecuencias da falta non son xeralmente as mesmas. Esa análise vista desde hoxe parece do paleolítico; cada vez hai maior acordo en que na cuestión das drogas, a tolerancia non debe ser ningunha na condución.

Son curiosos os cambios. Na seguinte polémica discutíase se debían ir para a cadea os condutores que cometían infraccións graves. Agora a batalla céntrase en prohibir as motos que superan os cen cabalos, por considerar que non son motos, senón instrumentos de matar e de matarse. O obxectivo en calquera caso é lograr a equiparación coas estatísticas escandinavas, nas que os accidentes non se contan por mortos, porque deixaron de ser un dato relevante, igual que ocorre no transporte aéreo, polo menos no Primeiro Mundo.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Chuza esta noticia Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS