Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

sector

O Clúster do Produto Gráfico viaxa a Düsseldorf para a feira Dupra 2008

04.06.2008  O obxectivo da misión empresarial é a de profundar nas últimas novidades tecnolóxicas

1.7/5 [3 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

O Clúster do Produto Gráfico e o Libro Galego asiste con vinte empresarios do sector á feira Drupa 2008, a Feira Mundial da Industria Gráfica, os Medios Impresos e da Transformación do Papel, que se celebra do 29 de maio ao 11 de xuño en Düsseldorf (Alemaña). Esta misión, do 2 ao 5 de xuño, é froito da sinatura dun convenio de colaboración entre o Clúster e a Cámara de Comercio de Santiago.

A visita realízase co obxectivo de profundar nas últimas novidades tecnolóxicas, así como celebrar reunións con fabricantes, agrupacións e entidades de interese para apertura de novos mercados. O presidente do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, Jacobo Bermejo, explicou que "Drupa é unha cita ineludible que se celebra cada 4 anos e, onde se poden ver non só as últimas novidades tecnolóxicas senón as últimas tendencias do sector a nivel mundial, así como ter información de primeira man sobre a competencia". Bermejo engade que "nesta misión temos como reto intentar acadar acordos coas grandes firmas para a cesión de maquinaria encamiñada a dar unha formación de primeiro nivel en Galicia, un proxecto que desenvolve o Clúster con outras institucións galegas".

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS