Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 07.02.2010      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

pan e coitelo

Cocientes

14.06.2007 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

BIEITO IGLESIAS ESCRITOR E PROFESOR

Unha revista informa sobre mentes privilexiadas, empezando pola de certa señora encorpada que declara un cociente intelectual de 218, extraordinario se atendemos aos criterios da OMS, que establecen o 160 como fronteira do xenio (Einstein andaba por 180). Chámanme a atención tres cousas: primeiro a voracidade dos cerebros superdotados, pois esta boa muller almorza unha infusión de menta, kéfir, dous biscoitos integrais e macedonia de frutas -na que non faltan noces, dátiles e mel-, sen perdoar ás veces o chocolate; en segundo lugar admírame a nova de que México sexa o país con máis nenos prodixio; por último asómbrame que a persoa máis aguda do orbe veña sendo unha camareira de Las Vegas (con esa cabeza é inconcibible que non fiche polo equipo forense de Gresson, no C.S.I.).

Terán algo que ver estas noticias co feito de que os testes de intelixencia obsesionan aos norteamericanos? Por que debemos crer que os camareiros de USA son máis espertos que os do Bar Azul compostelán? Non haberá raparigos listísimos en Ruanda, con tan mala sorte que non son veciños do Río Grande? Existen varias castes de agudeza. Por exemplo en Figueiredo, solar dos meus avós, a tradición concédelle o título de home máis listo da aldea ao Recho, un tipo que fuxiu dun tiroteo en Venezuela e volveu á civilización na costa brasileira tras atravesar o mato amazónico. Eu tiven un compañeiro de bacharelato superdotado, que por selo mereceu a nomeada de Galileo. Estaba chamado a desvendar os misterios da materia escura do universo, no entanto o atraso galego só lle ofreceu o triste consolo de dedicarse aos computadores. Suicidouse pegando un brinco desde a ponte vella de Ourense, deixándonos con dous interrogantes: o mundo móvese, pero para que?, cara onde?

Así e todo estou orgulloso de convivir no mesmo edificio cun verdadeiro talento, Xosé Manuel Sánchez, investigador que vén de recuperar para a catedral de Santiago valiosos documentos achados no Arquivo Secreto do Vaticano.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS