Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

proxecto editorial do grupo correo gallego

O Colexio de Xeógrafos destaca a proxección do novo dicionario

15.12.2009  Ignacio Fernández López, presidente da entidade, considera necesaria a obra, escrita enteiramente en lingua galega // Apunta que se converterá nun referente de ámbito estatal // Sairá xunto a EL CORREO e Galicia Hoxe o día 20

3.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

Aspecto da nova colección ‘Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia’
Aspecto da nova colección ‘Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia’

A aproximación da xeografía como ciencia global e estudo do país ás persoas é, segundo o Colexio de Xeógrafos de Galicia, unha das principais contribucións do Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia que sairá á rúa o vindeiro domingo, día 20 de decembro, cos xornais EL CORREO GALLEGO e Galicia Hoxe.

O presidente deste colectivo, Ignacio Fernández López, valorou de xeito moi positivo esta ambiciosa colección, primeiro proxecto editorial deste século que con 28 tomos intenta achegar o coñecemento de todo o territorio galego. Fernández López manifestou, neste sentido, que "o 80% da información que hoxe en día manexamos ten que ver co territorio. Os xeógrafos o que facemos é traballar con esa información, con enormes cantidades de datos, por iso é fundamental ter bases onde agrupar eses datos, polo que estas publicacións que teñen que ver coa recollida da información xeográfica son fundamentais tanto para o noso traballo como a escala xeral".

Unha obra necesaria

Fernández López engadiu que este dicionario, escrito enteiramente en galego, era, sen dúbida, unha obra necesaria, e de feito considerouna como un "auténtico referente a escala estatal neste ámbito" e o máximo responsable dos xeógrafos galegos destacou sobre todo a proxección desta nova obra. Neste sentido, Fernández López apuntou que é determinante o feito de que a súa publicación esté vencellada a un medio de comunicación: "Este tipo de iniciativas canto están unidas a publicacións periódicas achegan ao lector unha información que non afecta exclusivamente aos xeógrafos, que é algo que ten que ter unha repercu- sión pública no conxunto da cidadanía".

Cun formato áxil e de diseño avanzado, a obra estivo dirixida polo prestixioso profesor Francisco Javier Río Barja. Elaborouse durante máis dun ano e medio por un equipo especializado de traballo vinculado ás tres universidades galegas. Conta cun total de 10.000 fotografías e mil mapas e infografías con información presentada de xeito conciso. Entre os contidos temáticos, referentes como o Camiño de Santiago, a pesca, a gandeiría ou o desenvolvemento urbanístico.

O complemento

O mapa máis actual, repartido de balde

·· O complemento do Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia é o mapa de gran formato que se repartirá de balde co primeiro tomo o día 20. Neste documento aparecen todos os accidentes xeográficos coa súa toponimia, as vías de comunicación e as poboacións máis importantes .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS