Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

pan e coitelo

Comerotas

17.12.2009 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

BIEITO IGLESIAS ESCRITOR E PROFESOR

O sábado pasado houbo sesión de cinema na sociedade gastronómica A Troita Armada, seguida dunha cea na que se mougaron algúns pratos de película preparados por Paco Manrique, home de vastos saberes que van desde a alta cociña aos estilos natatorios (a min axudoume a perfeccionar a redondeza da brazada ao nadar imitando a ra). Actuou de mestre de cerimonias o cinéfilo Eduardo Galán, quen nos convidou a ver La grande bouffe, filme de Marco Ferreri do ano 1973 descoñecido por case tódolos presentes. Os máis vedraios si que nos acordabamos da paparota de Ugo Tognazzi, Michel Piccoli e Marcello Mastroianni, tres individuos afectados por diversos colleitizos anímicos que resolven suicidarse comendo a calcarlle co dedo tendo por testemuña a Andrea Ferreol, encorpada compañeira de xogos eróticos que achega o picante necesario para adubiar a orxía. A inactualidade do filme pon en destaque as drásticas mudanzas experimentadas nos últimos trinta anos en tódalas ordes da vida. Salta á vista o troco de perspectivas na cultura da esquerda, entón amante da transgresión, da provocación e dun certo desespero nihilista, e hoxe amiga das artes edificantes, sentimentais e boístas. Neste campo percorreuse unha enorme distancia que vai de Ferreri a Isabel Coixet e Amenábar. Algo semellante ao acontecido no cinema deuse tamén na literatura, ata o punto de que unha historia como a desa grande enchenta só podería escribila hogano un romancista do pau de Houellebecq (disque direitoso) ou tal vez Pascal Bruckner, que seica tivo arte e parte no roteiro de Lúas de fel, desoladora cinta de Polanski. Outramente, unha deusa da fecundidade como a Ferreol, que activaba a libido dos mozotes de antes, resulta monstruosa nestes tempos en que a gordura é un andazo e un vicio perseguido polos gobernos. Entre xentes encantadas de coñecerse non se entende o suicidio de tres tipos sans, iso é bo para os tetrapléxicos.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS