Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

comparecencia

A CRTVG quere poñer cláusulas nos contratos de dobraxe en 2009

22.11.2008  O director xeral da compañía explicou que as medidas de control pretenden garantirlles unhas condicións de traballo "dignas" aos dobradores // Asegurou que a débeda histórica se viu reducida en 38,3 millóns

1.7/5 [15 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AXENCIAS • SANTIAGO

O director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, en comparecencia no Parlamento en imaxe de arquivo FOTO: Ramón Escuredo
O director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, en comparecencia no Parlamento en imaxe de arquivo
FOTO: Ramón Escuredo

O director xeral da Compañía de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG), Benigno Sánchez, asegurou onte que se emprenderán medidas de control para controlar o cumprimento das normativas vixentes e garantir unhas condicións de traballo "dignas" aos actores de dobraxe.

Na comisión de control da CRTVG no Parlamento, en resposta a unha cuestión formulada polo deputado do BNG Bieito Lobeira, o director xeral da compañía explicou que, por un lado, se incluirá unha cláusula específica para vincular a continuidade dos contratos ao cumprimento da legalidade vixente.

En segundo termo, agregou Sánchez, o ente público realizará, a partir do 1 de xaneiro do próximo exercicio, un control "exhaustivo" das cotizacións á Seguridade Social das distintas empresas que contrate Televisión de Galicia para a dobraxe.

Con estas medidas, Benigno Sánchez dixo que a compañía aspira a mellorar, dignificar e regularizar profesionalmente este colectivo de traballadores ante a preocupación suscitada polo parlamentario nacionalista, que fixo fincapé na necesidade de mellorar as condicións laborais, así como a corrección lingüística empregada.

Por outro lado, o director xeral recoñeceu que as partidas económicas destinadas a dobraxe se reduciron, aínda que precisou que esta circunstancia se debeu a que diminuíu a produción allea en favor da propia, ao respecto da que dixo estarse a intensificar o labor de supervisión global dos produtos. Noutro punto da orde do día, o deputado do Partido Popular de Galicia Diego Calvo volveu cuestionar a pluralidade dos informativos da televisión, e denunciou que "por criterios políticos" se minimice a presenza do partido da oposición ata o punto de "non cubrir" algún acto do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo. Ademais, o parlamentario popular comparou os espazos de noticias "ao NO-DO -aproveitando "datas que algúns se encargan de rememorar''-, e reprobou que neles só "se informa do que fan o presidente e os conselleiros socialistas".

Benigno Sánchez defendeu a "credibilidade" da cadea, algo que "perdeu" o anterior Goberno coa retransmisión da catástrofe do Prestige, e argumentou que a audiencia dos informativos se incrementou en oito puntos dende a anterior xestión e malia a entrada doutras empresas -Cuatro e La Sexta-.

Sobre a débeda histórica da compañía, dixo que durante a súa xestión quedou reducida en 38,3 millóns de euros, ao pasar de 102,4 millóns a 64,1, en resposta ás acusacións do portavoz popular, quen afirmou que se lle recordaría "facer dimitir a Antón Losada como secretario xeral de Vicepresidencia, dividir o Goberno e manipular".

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS