Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

vila de cruces

A cultura galega lembra a figura de Anisia Miranda, "a cruceña da Habana"

01.02.2010  Destacados persoeiros falaron sobre a traxectoria da escritora de Gres // Un emocionado Neira Vilas agradeceu o apoio amosado polos asistentes ao acto

1.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M.CONDE • VILA DE CRUCES

Freixanes, esquerda, estreitando a man de Neira Vilas na homenaxe
Freixanes, esquerda, estreitando a man de Neira Vilas na homenaxe

O auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces quedou pequeno na homenaxe póstuma á escritora e xornalista Anisia Miranda, a inseparable compañeira de Xosé Neira Vilas. A música e a palabra soaban dende o escenario polo que desfilaron amigos e persoeiros da cultura para lembrar "a cubana de Gres, á cruceña da Habana", finada o pasado mes de outubro.

Os seus versos foron rescatados coa voz dos nenos cos que tantas horas compartiu na biblioteca da Fundación Neira Vilas, na parroquia de Gres, os cativos que marcaron, sen dúbida, a súa traxectoria vital e a súa obra. Luis Reimóndez, secretario da Fundación, e a escritora Marica Campo fixeron a lembranza de Anisia, filla de emigrantes ourensáns en Cuba, que coñeceu o escritor de Gres en Bos Aires, e que foi quen de manter o compromiso coas súas dúas patrias. Aos seus poemas puxéronlles música os amigos da Quenlla. Tamén soaron a voz do tenor Cesáreo Torres e as do coro Voces da terra.

Víctor Freixanes rescatou un dos capítulos máis intensos e quizais máis descoñecidos da vida de Anisia e Neira Vilas lembrando a aventura e a aposta pola literatura galega cando puxeron en marcha en Bos Aires, ao pouco de casar, a editorial Follas Novas no ano 1957, animados por Blanco Amor ou Luís Seoane, entre outros.

O director xeral, Francisco López-Barxas, destacou o compromiso da escritora coa promoción da lectura. No acto no que se presentou a obra de homenaxe coa biografía e unha escolma de traballos da autora, coordinado por Valentín García, tamén interveu o alcalde, Jesús Otero. O agradecemento de Neira Vilas,que fora galardoado co premio Gallego del Mes de EL CORREO e que lembrou a vida xunto a muller que coñeceu nunha conferencia sobre Rosalía, pechaba a homenaxe á anduriña que descansa xa para sempre en Gres.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS