El Correo Gallego

Gente y comunicación | sociedad@elcorreogallego.es

cómic

Cultura revisa a súa liña de subvencións á BD galega

O director xeral, Francisco López, reuniuse cos representantes do sector da banda deseñada en Galicia // Achegaranse preto de 600.000 euros durante o 2010

REDACCIÓN • SANTIAGO   | 04.02.2010 
A- A+

c.c.
Reunión, onte, do director xeral, Francisco López, ó fondo no centro, con representantes da banda deseñada
FOTO: c.c.

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, reuniuse onte con representantes da banda deseñada galega para avanzar nas liñas de colaboración establecidas co sector respecto á presenza nas feiras nacionais e internacionais, as axudas aos creadores, a política de adquisición de exemplares destinados ás bibliotecas, actividades de promoción así como a posta en marcha dun portal de cómic galego dentro da Biblioteca Dixital da Biblioteca de Galicia.

López cifrou en preto de 600.000 euros a contía que a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura destinará en apoio ao sector da banda deseñada durante 2010 e anunciou que se porán en marcha novas iniciativas para a promoción do cómic galego. A Consellería de Cultura e Turismo aprobou o pasado 21 de decembro a orde de axudas que apoiará a creación de proxectos de BD galega. Segundo onte sinalou, a dirección xeral está a estudar as peticións dos artistas sobre a convocatoria, en concreto sobre a revisión do artigo referido ás titulacións esixidas aos beneficiarios e a posible ampliación do prazo de presentación da documentación.