Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

convocatoria

Dezaseis agrupacións compiten no II Certame Galego de Bandas

18.11.2008  O encontro levarase a cabo entre o venres e o domingo próximos no Auditorio de Galicia da capital galega // Ao final do evento entregaranse os galardóns do I Concurso Galego de Composición para Banda de Música

2.7/5 [6 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P. • SANTIAGO

O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, esquerda, na presentación do certame FOTO: Jessica Barcala (AGN)
O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, esquerda, na presentación do certame
FOTO: Jessica Barcala (AGN)

Un total de 16 agrupacións competirán, interpretando composicións obrigadas de temática galega, no II Certame Galego de Bandas que se celebrará entre o venres 21 e o domingo 23 no Auditorio da capital galega.

O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, presentou onte este concurso, no que participarán uns 1.500 músicos galegos, e destacou a "vitalidade e a calidade" das bandas populares, que afrontaron unha "gran renovación" nos últimos anos. Neste sentido, Bará sinalou que a media de idade se sitúa actualmente en 22 anos, polo que estes mozos "non responden aos tópicos e clixés" que se lles atribúen, e transmiten unha "mensaxe positiva á sociedade".

O director xeral subliñou que este certame, ao que a Consellería de Cultura destina 90.000 euros, engade unha "compoñente de rivalidade sa" entre as bandas e constitúe un "grande escaparate do bo momento" polo que atravesan estas agrupacións. Ademais, eloxiou o "bo traballo organizativo" da Federación Galega de Bandas de Música (Fgbmp), que aglutina 88 entidades e a máis de 6.000 músicos.

O presidente desta federación, Emilio Vázquez, explicou que se presentaron para concursar máis das 16 bandas finalmente escollidas e foi necesario facer un sorteo para a elección. O ano pasado, o primeiro no que se celebrou o certame, este "foi un éxito", proseguiu, e manifestou a súa confianza en que este ano se repetirán os resultados.

Ilusión entre a xente

Emilio Vázquez sinalou que seis bandas intervirán o venres próximo, o mesmo número o farán o sábado e as catro restantes tocarán o domingo.

Agregou que o interese suscitado entre as agrupacións de música por este concurso, que as propias bandas demandaban, dá mostra de que "a cousa funciona" e a xente está "ilusionada".

O presidente da Federación Galega de Bandas de Música informou de que, ademais, esta fin de semana se entregarán os premios do primeiro Concurso Galego de Composición para Banda de Música aos gañadores.

"Faltaba un pouco de creación de novas obras de temática galega", dixo neste sentido o presidente da Federación Galega de Bandas de Música sobre o concurso, dirixido a compositores galegos ou residentes na nosa comunidade.

A clave

A federación disporá de nova páxina web

A federación presentou a súa nova web (http://www.fgbmp.org/), na que cada banda terá un espazo e ofrecerá a posibilidade de que compartir partituras, anunciar a venda ou intercambio de instrumentos musicais, subir os currículos dos músicos ou consultar a axenda de actos .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS