Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

arte contemporánea

'Espacio Atlántico' pretende que Vigo sexa unha cita internacional

08.09.2009  A cuarta edición desta iniciativa lévase a cabo entre o 14 e o 18 de xaneiro // Participarán as galerías máis destacadas de España e de Portugal // Alternaranse obras de artistas acreditados con valores emerxentes

3.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AGN • SANTIAGO

O escultor Cándido Pazos, nunha das pasadas edicións da feira de arte viguesa FOTO: gallego
O escultor Cándido Pazos, nunha das pasadas edicións da feira de arte viguesa
FOTO: gallego

Desde o 14 ao 18 de xaneiro, Vigo celebrará a cuarta edición da feira de arte contemporánea Puro Arte baixo un novo nome, Espacio atlántico. Nela, participarán as galerías máis destacadas de España e Portugal, así como outras internacionais, que xa confirmaron a súa presenza.

Trátase da cuarta edición desta feira, a primeira coa súa nova imaxe. Deste xeito, preséntase completamente renovada, cunha vocación máis internacional e coa firme intención de posicionarse como unha cita de referencia ineludible para a arte peninsular.

O punto de encontro será o Recinto Feiral Ifevi da cidade olívica. Alí, galerías de todo o mundo amosarán a obra dos artistas máis acreditados da escena internacional, ademais de promover valores emerxentes e fomentar o coleccionismo e o goce da arte contemporánea.

Este cambio nas directrices atende a unha esixencia maior na presenza de galerías de prestixio internacional, co fin de facer deste mercado unha das citas estables no calendario internacional da arte. Está dirixido por Marta Scarpellini e conta coa Presidencia de Honra dos Príncipes de Asturias.

Ademais, Espacio atlántico conta a partir deste ano co asesoramento e dirección artística de David Barro e a súa empresa Dardo, encargada de potenciar a imaxe da feira, de cara a convertela nunha das principais referencias dos encontros de España e Portugal.

Nestes momentos, xa foi confirmada a presenza de moitas das principais galerías da Península Ibérica, como as portuguesas Filomena Soares, Mário Sequeira, Carlos Carvalho, Fernando Santos, Graña Brandeo, Pedro Cera, 3+1 Arte Contemporánea, Quadrado Azul, MCO ou Pedro Oliveira; e as españolas Fúcares, Heinrich Ehrhardt, Max Estrella, Fernando Pradilla, Xavier Fiol ou Raquel Ponce, entre outras.

En Galicia, chegouse a un acordo de colaboración coa Asociación Galega de Galerías de Arte e tamén se confirmou a presenza de galerías como Adhoc, Trinta, SCQ, Bacelos ou C5 Colección/Factoría Compostela, entre outras.

No que respecta aos projects, onde se presenta a obra dun único artista, confirmouse a presencia de galerías como Soledad Lorenzo, Luis Adelantado e ADN.

En Madrid

O Museo Romántico abre tras oito anos

·· O Museo Romántico de Madrid reabrirá en outubro tras oito anos de peche por obras de reforma. Trátase dunha casa museo onde o visitante poderá facer unha viaxe para descubrir os costumes do período romántico. O espazo recrea ambientes do século XIX .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS